
Concello de Ferrol
3.5K subscribers
About Concello de Ferrol
As novas do teu concello
Similar Channels
Swipe to see more
Posts

🔥 Xa vén aí o San Xoán 🔥 🤔 Necesitas permiso? Que se pode queimar? Que dimensións pode ter a luminaria? 🗣️ O xefe de bombeiros de Ferrol nolo explica 🔎 E máis polo miúdo, consulta aquí o bando municipal 👇 https://www.ferrol.es/arquivos/documentos/bandos/BANDO_SAN_XOAN_2025.pdf

🛟 Os socorristas de #Ferrol reciben formación en prevención de riscos laborais e medio ambiente https://www.ferrol.es/Concello/NovasAmpliar/9213 🟩🟨🟥 Consulta o estado das praias 👇 https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?mid=1urT6MbYUeZFhmXuyOGe5sPKrJPlsLXY&ll=43.51937950418415%2C-8.288816722027727&z=12


🌿 𝗖𝗔𝗠𝗔𝗣𝗔𝗡̃𝗔 𝗗𝗘 𝗗𝗘𝗦𝗕𝗥𝗢𝗖𝗘𝗦 🚜 Así se atopa a segunda pasada das máquinas na anualidade 2024-2025 📍 Estes días traballan en zonas de Doniños e Esmelle ⏭️ A semana que vén seguirán polas áreas de Aldea Fontá; Vilar; Doniños núcleo; Ríoxunto é Chá da Mariña


📥 O Concello de Ferrol incorpora máis de *dez millóns de euros* para investimentos e servizos do proxecto de cidade 🏠 Convenio para a transformación urbana coa Consellería de Vivenda 💧 Saneamento no rural 🟢 Servizos da área de Política Social 🤸 Instalacións deportivas 🌊 Contratación dos socorristas 🗣 Jose Manuel Rey: ‘Grazas a que fixemos xa tres orzamentos, contamos coas partidas coas que agora podemos levar a cabo proxectos tan importantes como o saneamento no rural, algo que será histórico’ https://www.ferrol.es/Concello/NovasAmpliar/9148


📝𝗥𝗘𝗖𝗘𝗜𝗧𝗔𝗥𝗜𝗢 𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗦 𝗠𝗔𝗥𝗜𝗡𝗘𝗜𝗥@𝗦 🐟En Nós Mariñeir@s estamos a preparar un receitario que recolle as *mellores preparacións dos produtos do mar e da nosa ría*, botando man da experiencia dos veciños e veciñas de Ferrol Vello, que disto saben moito. Presentarémolo o vindeiro 13 de xuño, pero xa vos imos adiantando que non van faltar os chocos nin tampouco as ovas de pescada, coa súa elaboración paso a paso e consellos agarimosos que farán que queden moito mellor 😋 ➕Nós Mariñeir@s é unha iniciativa do Concello de Ferrol financiada con fondos do Programa do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) a través do GALP Golfo Ártabro Norte , cun 70% da Unión Europea e un 30% da Consellería do Mar. ℹ️ Escríbenos para máis info a [email protected]


🚆 O alcalde e os voceiros municipais reclaman ao Ministerio de Transportes actuacións de mellora a curto prazo para a liña de ferrocarril a Ferrol 🗣️ O rexedor, Jose Manuel Rey, califica o encontro de onte como «agridoce» xa que «non se nos concretou ningunha actuación de mellorar a liña de ferrocarril a Ferrol», lamentou, pero «comprometéronse a trasladarnos unha proposta». «Ferrol merece ser tratada como o resto de cidades», insistiu, por iso «imos seguir traballando para conseguir unha conexión de ferrocarril do século XXI» https://www.ferrol.es/Concello/NovasAmpliar/9153


🌿 PMUS 🚶♂️ Ferrol, unha cidade máis sostible grazas ao Plan de mobilidade urbana 🗓 No 2030, a cidade terá 👇 👟 O dobre de quilómetros de sendas verdes 🚲 O dobre de quilómetros de carrís bici 🚗 7.500 prazas de aparcamentos disuasorios https://www.ferrol.es/Concello/NovasAmpliar/9156


💚 𝗥𝗘𝗩𝗜𝗧𝗔𝗟𝗜𝗭𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗨𝗥𝗕𝗔𝗡𝗔 🤝 O Concello de Ferrol adquire o campo de fútbol de 𝗦𝗮𝗻 𝗫𝗼𝗮́𝗻 para equipamento deportivo e lúdico ✅ Infraestruturas modernas 👟 Novos espazos 👌 Mellora da accesibilidade ➕ Na contorna do futuro centro de saúde 📲 Máis información https://www.ferrol.es/Concello/NovasAmpliar/9147


🙋♂️ Que non se che pase 👀 ☝️ Este xoves abre o prazo para os *campamentos infantís de verán* 📨 As familias teñen ata o 6 de xuño para presentar as solicitudes https://www.ferrol.gal/Concello/NovasAmpliar/9140


👷 𝗢𝗕𝗥𝗔𝗦 𝗘𝗡 𝗩𝗜𝗔𝗜𝗦 𝗗𝗘 𝗙𝗘𝗥𝗥𝗢𝗟 ✅ Finalizados os traballos de aglomerado na estrada do Lago en Doniños 📍 Nos próximos días estarán rematadas as actuacións na estrada do Vilar https://www.ferrol.es/Concello/NovasAmpliar/9161
