
CIG - Confederación Intersindical Galega
709 subscribers
About CIG - Confederación Intersindical Galega
https://cig.gal A CIG é un sindicato nacionalista e de clase que defende a identidade nacional de Galiza, a unión e autoorganización dos traballadores e traballadoras, que practica a solidariedade e o internacionalismo, feminista, que considera un principio fundamental a democracia e a participación, que respecta o pluralismo, que mantén a independencia respecto de calquera outra organización ou institución, e por suposto gobernos e empresas, que se expresa en galego e impulsa a nosa cultura e idioma.
Similar Channels
Swipe to see more
Posts

📢 *#GalizaConDereitos - Traballo, igualdade e salarios dignos!* ⚙️A CIG lanza unha campaña con 12 medidas para acadar traballo, igualdade e salarios dignos nunha Galiza con dereitos 👉Arricará o 6 de febreiro con asembleas de delegados e delegadas nas sete comarcas e vai ligada ás mobilizacións do 8M e 10M ℹ️ https://i.gal/camapanha25

📝 *A CIG remítelle ao Ministerio de Traballo as súas propostas para a suba do SMI* 📈Reclama que o incremento se sitúe nos 1320,04 euros ao mes (o 60% do salario medio no Estado), en cumprimento da Carta Social Europea ℹ️ tinyurl.com/4fsumn79


❌Altri NON! A CIG chama a apoiar esta iniciativa de Adega👇 *‼️A solicitude de augas de Altri está caducada. Solicita o arquivo do expediente 📄📥* 1⃣Descarga a modelo: bit.ly/arquivo_augas_altri 2⃣Cumprimenta os teus datos e asínaa. 3⃣Preséntaa por rexistro físico ou electrónico. 4⃣Loita contra a macrocelulosa de Altri. 💧🌿Polo Ulla, pola terra dos mil ríos! Info: https://adega.gal/novas.php?id=1598&idioma=gl&sec=7


❤️🩵 *Para o rexurdir da nosa lingua, mobilízate o Día De Rosalía!* 👉O 23 de febreiro, Día de Rosalía, a Plataforma Queremos Galego, da que a CIG forma parte, chama a unha MANIFESTACIÓN NACIONAL en defensa do noso idioma, para transformar a emerxencia lingüística en forza reparadora, reclamando Lingua Vital Xa! 👅Igual que Rosalía inaugurou o rexurdir da lingua galega na literatura, tamén o pobo galego temos a obriga de mobilizarnos polo rexurdir da nosa lingua, no día que se celebra o aniversario do nacemento da nosa poeta nacional. 💪🏻Participa, enchamos o Obradoiro de dignidade pola lingua! ℹ️Consulta aquí o servizo dos buses: queremosgalego.gal/autobus-2/


♀️ *As mulleres da CIG mobilizaranse este #8deMarzo en demanda de traballo, igualdade e salarios dignos* ❌A central advirte que a fenda de xénero acada o 18,4% en Galiza porque as mulleres seguen sofrindo máis parcialidade, temporalidade e baixos salarios ⚠️Esta fenda non se poderá atallar mentres non haxa unha valoración xusta dos traballos feminizados, nin unhas retribucións iguais para traballos de igual valor. ➡️Dende o ano 2010, o 50% do emprego feminino que se creou foi na rama de sanidade e servizos sociais, onde están incluídos os empregos relacionados cos coidados. ℹ️https://i.gal/rp8M24


📢 *Milleiros de persoas enchen a Praza do Obradoiro ao berro de #linguavitalxa.* ✊Non nos rendemos, non desertamos e non renunciamos á lingua que nos fai sermos galegos e galegas! *QUEREMOS GALEGO!*