Avante LGBT+ Pontevedra WhatsApp Channel

Avante LGBT+ Pontevedra

95 subscribers

About Avante LGBT+ Pontevedra

Canal de avisos sobre festas, faladoiros, asembleas e outros eventos relacionados co colectivo LGBTIQA+ na cidade de Pontevedra. Non esquezas activar as notificacións! Este canal está xestionado pola asociación Avante LGBT+ Pontevedra. Se queres que difundamos o teu evento ou participar connosco, escríbenos ao Instagram: https://www.instagram.com/avantelgbtpontevedra

Similar Channels

Swipe to see more

Posts

Avante LGBT+ Pontevedra
Avante LGBT+ Pontevedra
6/13/2025, 5:09:02 PM

📣 Hoxe presentamos o programa do Orgullo PTV+! ✨ Cine, festa, manifestación, libros, conversas… non podes perder todo o que traemos para reivindicar e celebrar a diversidade! 🔗 Tes toda a información aquí: https://www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/

❤️ 🏳‍🌈 9
Avante LGBT+ Pontevedra
Avante LGBT+ Pontevedra
6/17/2025, 2:13:26 PM

🏳️‍🌈 Comeza o Orgullo PTV+! ✨ Hoxe, ás 19:00 no 3º andar do Teatro Principal, preséntase o innovador estudo “A diversidade nas aulas… materia pendente?”. 👉 Con esta iniciativa, o Concello de Pontevedra analizou a situación do colectivo LGBTIQA+ nos centros de ensino da cidade. 🔗 O programa do Orgullo PTV+ completo: https://www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/

Post image
❤️ 🏳‍🌈 4
Image
Avante LGBT+ Pontevedra
Avante LGBT+ Pontevedra
6/18/2025, 8:56:03 AM

🏳️‍🌈 Coñecemos a loita do colectivo LGBTIQA+ galego que nos precedeu? 🗓️ Hoxe ás 19:00 na casa das campás, falamos con Laura Bugalho (1964, Compostela). Ela é unha muller trans activista por diversas causas sociais, pioneira na Galiza. 💖 Como ela mesma di: “No mundo da militancia (…) parece que nacemos cos dereitos debaixo do brazo e non é así. Hai xente que loitou, que loitamos, persoas que deixaron a vida nesa loita. É de xustiza recoñecer ese labor”. 🔗 O resto de actividades do Orgullo PTV+: https://www.instagram.com/p/DK19hH4stXh/

Post image
🏳‍🌈 🏳️‍🌈 3
Image
Avante LGBT+ Pontevedra
Avante LGBT+ Pontevedra
2/4/2025, 9:59:22 PM

⁉️ Queres participar connosco na organización do Orgullo PTV+? E outros eventos LGBTIQA+ en Pontevedra? 📣 Este xoves, 6 de febreiro ás 19:30, temos asemblea aberta no Palmkids. Vén para achegar as túas ideas e coñecer a nosa asociación! Na rúa Laranxo 25.

Image
Avante LGBT+ Pontevedra
Avante LGBT+ Pontevedra
2/11/2025, 9:01:12 PM

🔬🌈 A ciencia tamén é diversa! 💜 No Día da Muller e a Nena na Ciencia, falamos con Marina Sanz-Martín, investigadora en oceanografía, sobre referentes LGBTIQA+, discriminación e a loita por unha academia máis xusta. 🗣️ "Non compitas, non pises as túas compañeiras, non deixes que gañe a ferocidade deste sistema académico perverso” Clica para ler a entrevista completa! 👇 https://www.instagram.com/p/DF8lYbUu4C5/

❤️ 1
Avante LGBT+ Pontevedra
Avante LGBT+ Pontevedra
2/17/2025, 7:32:03 PM

⁉️ Queres participar connosco na organización do Orgullo PTV+? E outros eventos LGBTIQA+ en Pontevedra? 📣 Este mércores, 19 de febreiro ás 19:30, temos asemblea aberta en La Hormiga. Vén para achegar as túas ideas e coñecer a nosa asociación! No Campiño de Santa María, 6.

Image
Avante LGBT+ Pontevedra
Avante LGBT+ Pontevedra
2/20/2025, 5:28:26 PM

⚽ Este venres, 21/02, o Campo Municipal de Campañó vai encherse de diversidade e bo ambiente con Entreprimas! 🥅 És unha muller ou persoa non binaria, lésbica ou bisexual? Queres xogar ao fútbol nun espazo seguro? De 15:45 a 17:15, tes a oportunidade perfecta para desfrutar, marcar goles e compartir coidados e comunidade. 🌟 E non perdas a sorpresa... vai haber unha convidada especial! 🔗 https://www.instagram.com/p/DF_TV3FOg6H/

Image
Avante LGBT+ Pontevedra
Avante LGBT+ Pontevedra
2/21/2025, 11:01:03 AM

📖 Esta noite, tés unha cita poética: a *Noite de Poesía pola diversidade* en Nasantiña (Rúa da Santiña, 35)! 🎤 Ás 21:00, poderás desfrutar dun micro aberto cheo de versos interlingües, interxeracionais... e intergalácticos! Con música de Luís & Jacobo. 🤝 Un evento organizado por Fulanas (asociación transfeminista de Pontevedra) e Noites de Poesía. 🔗 https://www.instagram.com/p/DFsfyLDJh61/

❤️ 2
Image
Avante LGBT+ Pontevedra
Avante LGBT+ Pontevedra
2/21/2025, 2:42:47 PM

🌧️ Polo mal tempo, Entreprimas cancelan a pachanga de fútbol de hoxe. A semana que vén anunciarán nova data. 📖 A noite de poesía en Nasantiña ás 21:00 continúa en pé. Un evento de Fulanas e Noites de poesía con música en directo.

Image
Link copied to clipboard!