
EOI de Vigo
698 subscribers
About EOI de Vigo
https://www.edu.xunta.gal/centros/eoivigo/ 🇦🇺🇨🇦🇯🇵🇬🇧🇨🇳🇪🇸🇩🇪🇮🇹 A Escola Oficial de Idiomas de Vigo é un centro docente público que imparte as ensinanzas de idiomas de réxime especial establecidas no artigo 59 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE). Actualmente impártense na EOI de Vigo nove linguas: alemán, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés. Tamén se ofrecen cursos monográficos especializados de formación de profesorado ou de preparación para os exames CELGA e Linguaxe Administrativa media e superior. Damos servizo a máis de 6.000 alumnos/as matriculados/as e contamos con máis de 100 profesoras e profesores repartidos entre a sede central (Vigo, Av. Martínez Garrido 17) e as súas seis seccións: Cangas, Coia, Nigrán, Ponteareas, Redondela e Tui
Similar Channels
Swipe to see more
Posts

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2025/06/08/matricula-escolas-oficiais-idiomas-abre-lunes/00031749393054015933128.htm


⬆️Queres matricularte na EOI pero xa tes certo nivel? Podes acceder a niveis superiores por *título* , diploma ou certificación. Outra boa opción é a nosa proba de *clasficación* . Matricúlate do 2 ao 6 de xuño para as probas de clasificación da semana do 9 ao 13 de xuño e saberás o nivel acadado a tempo de facer a preinscrición.💪


📚O club de lectura 5.1 abre as portas ao público mañá para un encontro co autor Fernando Fernández Domonte _Memorias de Cara B_ o xoves 12 de xuño ás 12h00 na biblioteca da EOI de Vigo.


Tes dúbidas sobre o proceso de matrícula ordinaria? Consulta o videotitorial https://youtu.be/QTeQUsFVsco?feature=shared

🏆Parabéns ao lector máis prolífico entre os usuarios da biblioteca da EOI de Vigo durante o curso 2024-2025, Adrián Porto Crespo, alumno de italiano. Moitas grazas a todo o alumnado que participou no RETO LECTOR📚📚📚📚


❓🔍 Tes dúbidas sobre a matrícula? Consulta a nosa Guía de Matrícula actualizada para o curso 2025-2026 https://view.genially.com/66584f7e0563a600149ec071

📜📣📣📣 Prazos de matrícula para o curso 2025-2026 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46814


🥳🥳🥳📣📣📣Publicada a resolución definitiva das Bolsas do Concello de Vigo. É obrigatorio aceptar ou renunciar a praza entre o 20 e o 26 de maio. Faremos reunións informativas na EOI de Vigo o mércores, 21 de maio ás 13h00 e o xoves, 22 de maio ás 17h30. https://escolas.vigo.org/bolsaseoiv


Xoves, 20 de febreiro ás 20:30 da tarde faremos un acto de entrega da doazón solidaria ao Banco de Alimentos de Vigo, entrega de premios do Concurso de Microrrelatos, e un mini-recital en conmemoración do día de Rosalía De Castro.

📰🗞️💕 Boletín do EDLG da EOI de Vigo do mes de febreiro https://www.canva.com/design/DAGcMNoHmgQ/m3Fe5Zr67rR9Q80g1vR3yQ/view?utm_content=DAGcMNoHmgQ&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=viewer