
Concello do Rosal
659 subscribers
About Concello do Rosal
Dámosche a benvida á canle do Concello do Rosal.
Similar Channels
Swipe to see more
Posts

🌞✨ Xa están abertas as inscricións para as actividades de verán da Agrupación Musical do Rosal! 🚸 Un verán cheo de xogos, obradoiros, valores e, sobre todo, moita diversión para nenos e nenas de 4º de Infantil a 6º de Primaria. 🧒👧 👉 En colaboración co Concello para facilitar a conciliación durante as vacacións estivais.


♻️👗 Rula Roupa Rosal volve con estilo, música e conciencia! 🎶✨ Este domingo 25 de maio, a Praza do Calvario énchese de vida con moda de segunda man, ritmos vintage e música en directo para todos! 🍸🎵 Sesión vermú con #NoAllKansas 🎸 Versións dos 70 aos 90 para bailar 🕐 Ás 13.00 h Máis ℹ️ https://orosal.gal/estilo-e-musica-en-directo-na-segunda-edicion-do-rula-roupa-rosal/ #RulaRoupaRosal #ÚneteAoCambio #ORosal

👗♻️ Este domingo volvemos lucir con estilo no Rosal! ♻️👟 🎉 A Praza do Calvario convértese no epicentro da moda sostible con Rula Roupa Rosal ! 👇 🕚 De 11:00 a 20:00 h 👕 Roupa e complementos de segunda man 🎶 Música en directo con moito ritmo 👧🧒 Obradoiro creativo infantil 🎭 Espectáculo familiar 🍔 Zona de comida para repoñer forzas 💚 Moda, lecer e sostibilidade… todo nun mesmo lugar! 📍 Non faltes, que o cambio comeza por ti! #RulaRoupaRosal #EconomíaCircular #ÚneteAoCambio #ORosal


🎉🗣 O Rosal estrea voceiro no #CAIA! 🧒🌟 Con só 10 anos, Xavier Brey, membro de Fogaric@s, será a voz da infancia e mocidade rosaleira no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia! 👏💬 Un orgullo enorme ver como a nosa rapazada participa, opina e decide no que lles importa. 💚 Grazas, Xavier, por levar O Rosal ao máis alto! Seguimos apostando por unha mocidade activa, escoitada e protagonista do futuro! 💪 Máis ℹ️ https://orosal.gal/o-rosal-estrea-voceiro-no-consello-autonomico-de-infancia-e-adolescencia/ #ConselloInfanciaEAdolescencia #Fogaricos #XavierBrey #ORosal

🎶🌍 O Rosal con acento internacional! O noso auditorio convértese en escenario da excelencia europea coa música de dous grandes artistas 👇 🎷 Jaime Estévez, saxofonista galego con carreira meteórica 🎹 Liisa Smolander, pianista finlandesa con sona internacional Un percorrido sonoro máxico dende Brahms a Falla, pasando por Debussy e Messiaen… 💫 🗓️ Sábado 24 de maio 🕗 Ás 20.00 h 📍 Auditorio do Rosal 🎟️ Entrada libre ata completar aforo Máis ℹ️ https://orosal.gal/o-rosal-escenario-internacional-cun-concerto-de-saxofon-e-piano-de-alto-nivel/ #JaimeEstévez #LiisaSmolander #concerto #música #ORosal

🎶✨ Esta noite… o Rosal viaxa por Europa a través da música! 🌍💫 Prepárate para mergullarte nun universo sonoro 👉 con dúas promesas da música clásica que están a conquistar escenarios de todo o continente! 🎷 Saxofón e paixón con #JaimeEstévez 🎹 Piano e sensibilidade da man de #LiisaSmolander 📍 Auditorio do Rosal 🕗 Ás 20.00 h 🎟️ Entrada libre (ata completar aforo)


☕💜 Despedimos a tempada dos #CafésenIgualdade con moita forza! 📆 Este xoves 29 de maio ás 17.30 h na terraza da Tapería A Praza. 🏡 👉 Entrada de balde 🧠💛 Acompáñanos nunha conversa aberta coa psicóloga clínica Andrea Iglesias para transformar a culpa e abrazar a imperfección. Un espazo seguro para reflexionar, compartir e soltar as mochilas que non nos pertencen. 🎒✨ Máis ℹ️ https://orosal.gal/os-cafes-en-igualdade-rematan-cunha-conversa-para-transformar-a-culpa-e-abrazar-a-imperfeccion/ #RevolucionandoMentes #ORosal

📣 Nova cita cos #ObradoirosdePrimavera! Continuamos traballando a artesanía en coiro con Ana Serra de #Medialúa! 😍 Aprende a facer un moedeiro con fol 🪙, descubre técnicas básicas de traballo co coiro e leva unha peza única feita por ti 🖐✨ 🗓 Sábado 7 de xuño 🕙 Ás 10.00 h 📍 Nave do obradoiro da Mata 🔒 Prazas limitadas! 📋 Inscrición previa obrigatoria 👉 https://forms.office.com/e/H1kA0rQyBq Máis ℹ️ https://orosal.gal/nova-cita-coa-artesania-en-coiro-nos-obradoiros-de-primavera-do-rosal/ #Artesanía #Coiro #Xuventude #OMIXdoRosal #ORosal


📣 Últimos días para anotarse! Este domingo 25 de maio ás 17.00 h a Praza do Calvario énchese de creatividade e imaxinación co 𝗼𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼 𝗶𝗻𝗳𝗮𝗻𝘁𝗶𝗹 𝗱𝗲 𝗺𝗼𝗻𝗶𝗰𝗿𝗲𝗾𝘂𝗲𝘀 𝗰𝗼𝗻 𝗰𝗮𝗹𝗰𝗲𝘁𝗶́𝗻𝘀! 👧🧒✂️ 📩 Inscricións: ✔️ No Concello ✔️ Envinado un correo a [email protected] Rula Roupa Rosal #ObradoiroInfantil #ÚneteAoCambio #ORosal


⚡🌱 O Rosal quenta motores para o cambio enerxético! Presentamos #ORosalEnerxía, a nosa primeira comunidade enerxética, coa que aforrar ata un 30% na túa factura da luz! 💡💶 📆 Xoves 22 de maio 🕕 Ás 18.00 h 📍Sala de exposicións do Concello 😎 Forma parte do cambio. Aposta por unha enerxía limpa, local e compartida! 💪 Máis info: [email protected] | ☎️ 677 73 73 21 #ComunidadeEnerxética #TransiciónEnerxética #EnerxíaRenovable #OficinaDaEnerxía #ÚneteAoCambio #ORosal
