
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
296 subscribers
About Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Información do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia Máis ℹ️ en www.copgalicia.gal
Similar Channels
Swipe to see more
Posts

✖️✖️✖️ O consumo de pornografía en menores protagoniza a nova edición de Tempo da Psicoloxía. 📆 20 de febreiro ⏳ Asistencia libre e gratuíta, ben presencial ou streaming ℹ️ en www.tempodapsicoloxia.gal

☑️ Coida a túa #SaúdeMental con garantía. A colexiación é un aval de que recibes atención profesional e baseada na evidencia científica. 💡 Que non xoguen coa túa saúde! Os psicólogos e psicólogas colexiadas aseguran: 🔹 Titulación oficial. 🔹 Cumprimento do código ético e deontolóxico. 🔹 Uso de técnicas e métodos validados pola ciencia. 🔹 Actualización e formación permanente. 📍Se buscas axuda, comproba a súa acreditación. 🤔 En caso de dúbida, consúltanos ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

❓ Que facer despois de graduarse? ❓ Como superar un proceso de selección? ❓ Como emprender en psicoloxía? 🤔 Se estás dúbidas che resoan, o #Foro3EP é para ti. O "Foro de Empregabilidade, Emprego e Emprendemento en #Psicoloxía" é un espazo para profesionais, egresadas/os e estudantes no que explorar novas oportunidades de carreira, mellorar a súa empregabilidade e fomentar o espírito emprendedor na nosa disciplina. Inscríbete en https://bit.ly/foro3ep2025 e participa o próximo xoves 6 de marzo na Facultade de Psicoloxía da USC. 👀 Programa en https://bit.ly/foro3ep25programa Coa colaboración da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e a Confederación de Empresarios da Coruña

📔 Nova páxina do noso #ÁlbumPsicólogas con Victoria Sau, referente do feminismo polos seus estudos para visibilizar a opresión das mulleres. 🟣 A través desta acción que promove a Comisión Feminista do COPG procúrase dar visibilidade ás achegas das mulleres que foron construíndo a nosa profesión.

🗣️ "Se unha persoa ten que agardar un ano por unha cita co psicólogo clínico, a súa situación pode empeorar moito". José Berdullas, vocal da Xunta de Goberno do COPG, en @Praza Pública https://zurl.co/inaZP