
Concello de Marín
711 subscribers
About Concello de Marín
Benvid@ ao teu Concello! Canle oficial de WhatsApp para estar ao día da axenda cultural, as novas, avisos... Podes seguir ao Concello tamén na web (www.concellodemarin.es) e nas redes sociais.
Similar Channels
Swipe to see more
Posts

📅 #AXENDA | Desde hoxe en Marín... 🌡️ Parece que chegou a calor! As nosas praias van recibindo aos primeiros visitantes... pero a maiores temos un montón de plans para gozar desta fin de semana 👇👇 🗓️ HOXE, 29 DE MAIO 🖼️ Inauguración da exposición "As cores do mundo", do artista Ralf Glasz 📍 Local do Ateneo Santa Cecilia (R/ do Forno, 42 -baixo) 🕐 20.00h - Poderá visitarse ata o 13 de xuño, de luns a venres, de 18.00 a 20.30h ↪️ Organiza: Ateneo Santa Cecilia 🗓️ VENRES, 30 DE MAIO 🎨 Inauguración da exposición do alumnado da EEI O Grupo, adicada a Yayoi Kusama e a Frida Khalo 📍 Museo Municipal Manuel Torres 🕛 20.00h - Poderá visitarse ata o 15 de xuño ↪️ Organiza: EEI O Grupo 🗓️ SÁBADO, 31 DE MAIO 🎤 General Rap regional, clasificatorio para o campionato estatal de Alicante 📍Finca de Briz 🕛 17.00h ↪️ Organiza: BhB | Colabora: Concello de Marín 🎼 Concerto do Coro Crecente Voces Graves (SCQ) e do Coro de Cámara Thalassa 📍Templo Vello 🕛 20.30h ↪️ Organiza: Coro de Cámara Thalassa | Colabora: Concello de Marín

#AVISO ⚠️ Esta tarde-noite produciuse unha rotura dun tramo dunha tubaxe de auga na Rúa Jaime Janer. Os traballadores da Brigada de Obras e Augas están traballando desde o primeiro momento para localizar a avaría e proceder á súa reparación o antes posible.


🌞👧🧒 Xa están publicadas as listaxes de admitid@s nos Campamentos de Verán de Conciliación! 💥 Este ano contamos con 300 prazas para nen@s de 3 a 12 anos 📚🎨 🌐 As listas están dispoñibles na web: https://www.concellodemarin.es/.../campamentos-de-veran... 🗣️ A concelleira Mónica Viqueira destaca que se fixo un esforzo por axustar as prazas para que ninguén quedase fóra 🙌 Déronse prioridades a familias monoparentais, numerosas, en risco de exclusión ou con persoas con discapacidade 👨👩👧👦💙 💶 Forma de pago: 1️⃣ Domiciliación bancaria – cargo o 5 de xuño 🏦 2️⃣ Pasarela de pago online – do 2 ao 7 de xuño 💻 3️⃣ No Concello (Tesourería) – do 2 ao 6 de xuño, de 9h a 14h 🕘🏛️

📅 #AXENDA | Esta fin de semana en Marín 🌼 A primavera chega cargada de ilusión, creatividade... e maxia! Aquí tes os plans para este fin de semana 👇👇 🗓️ SÁBADO 24 DE MAIO 🌺 Feira da Primavera de Artesanía 📍 Alameda Rosalía de Castro 🕐 Durante todo o día Organizan: Concello de Marín 🤝 Asociación Marinense de Artesáns ☔ En caso de choiva, aplázase 🎩 Contamaxias con O Mago Paco 📍 Salón de actos da Biblioteca 🕛 12:00 h Un espectáculo cheo de humor e maxia para toda a familia!