Club del Mar de San Amaro
Club del Mar de San Amaro
February 14, 2025 at 12:05 PM
Cea - Baile de Entroido Club del Mar 2025 🤡 Prepárate para unha noite de diversión na nosa gran cea-baile de Entroido! Este vindeiro 3 de marzo ás 21:30 horas, poderás acompañarnos na nosa espectacular cea-baile de Entroido. Ven e goza dunha noite chea de música, baile, deliciosa comida e a mellor compañía. Teremos para ti: 😋Unha exquisita cea servida or a Pulpeira Taboada de Melide composta de sopa de cocido; cocido: cachola, lacón, chourizos, costela, grelos, patacas e garavanzos; bebida, sobremesa e café. 👨‍🎤Música en vivo a cargo de DJ Bailoteo a partir das 23:30 horas que che fará bailar toda a noite. 🧛‍♂️Un concurso de disfraces con fabulosos premios para os máis creativos e orixinais. ☺️Un ambiente cheo de alegría e sorpresas que che farán vivir unha experiencia inesquecible. Non te perdas a oportunidade de celebrar o Entroido connosco! Máis info na web 👉 https://bit.ly/3QiYt7H
Image from Club del Mar de San Amaro: Cea - Baile de Entroido Club del Mar 2025 🤡  Prepárate para unha noit...

Comments