Concello de Foz
Concello de Foz
February 21, 2025 at 12:22 PM
*XORNADAS GASTRONÓMICAS ALBÓNDEGAS E CAMPAÑA O TEU CAFÉ TEN PREMIO* 📅 Desde hoxe ata o domingo, 23 de febreiro, dez locais hostaleiros de Foz ofrecerán pinchos, tapas e racións de albóndegas en diferentes elaboracións dentro das Xornadas Gastronómicas das Albóndegas, organizadas por AciaFozCCA. 🍵 Tamén ata o domingo, tomar café en establecementos adheridos á campaña O teu café ten premio permite participar no sorteo dunha cesta especial con produtos relacionados co café. O sorteo celebrarase en Radio Foz o 26 de febreiro. 📍 Participan nas xornadas gastronómicas: Augas Santas, Bar 78, Bar Campos, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte e Xoyma. ☕ Na campaña do café: Anduriña, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Coffee Urban Roasters Foz, Xoíña Pizzería e Xoyma. Estas accións están organizadas por AciaFozCCA coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

Comments