Concello De Bueu
Concello De Bueu
February 4, 2025 at 08:34 AM
📢 EXPOSICIÓN GAÑADORAS CONCURSO DE IDEAS DA BANDA DO RÍO E CHARLA-COLOQUIO ☑️ A Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa acolle dende esta semana unha exposición dos cinco traballos gañadores do Concurso de Ideas da Banda do Río, que se poderá ver ata o 14 de febreiro en horario de 10.00 a 20.00 horas. Esta mostra foi organizada polo Concello de Bueu en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia para dar a coñecer as propostas para este barrio a toda a veciñanza. ☑️ Así mesmo, o vindeiro venres 7 de febreiro, organizarase ás 20 horas un acto no Centro Social do Mar no que as arquitectas María Fandiño e Miriam García, autoras da proposta gañadora “Bandas da Ribeira” explicarán as súas ideas para a mellora integral deste barrio mariñeiro, polo que se convida a toda a cidadanía interesada a asistir e a coñecer de primeira man a proposta.

Comments