Concello De Bueu
Concello De Bueu
February 11, 2025 at 01:23 PM
📢🐙 O CONCELLO DE BUEU ORGANIZARÁ AS II XORNADAS DE EXALTACIÓN DO POLBO O Concello de Bueu volverá organizar as II Xornadas de Exaltación do Polbo que se celebrarán durante o mes de maio e que buscarán poñer en valor o polbo da vila. Por este motivo ábrese un prazo de inscrición ata o 1 de marzo para que os locais de hostalaría local interesados poidan participar. As vías de inscrición son tres: ou ben por correo electrónico [email protected] indicando no asunto “Xornadas do Polbo”, de xeito presencial no 2º andar do Concello de Bueu ou no teléfono móbil 663250166. Tede a información completa na nosa web ⬇️⬇️ https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-organizara-as-ii-xornadas-de-exaltacion-do-polbo-durante-o-mes-de-maio/

Comments