Concello De Bueu
February 24, 2025 at 07:28 AM
🗣️🌟 Hoxe celebramos a Rosalía de Castro!!!
Organizamos o espectáculo “Buscando a Rosalía” de Raquel Queizás, unha proposta de narración oral con monicreques para nenos e nenas de 3 anos en diante.
Na obra coñeceremos a Queliña, unha detective que atopa unha vella maleta e dentro desta follas escritas con versos, zapatos pequenos, un pano branco… mentres investiga descubrirá que esa maleta pertence á nosa Rosalía de Castro.
Acompañádesnos?
📅 Luns, 24 de febreiro
⌚ 17.30 horas
📍 Biblioteca Municipal Torrente Ballester