
Concello De Bueu
February 26, 2025 at 09:35 AM
🗣️ Bueu contará cunha unidade móbil para DNI e pasaporte
☑️ Esta semana, membros do goberno local e o xefe da Policía Local reuníronse con responsables da Comisaría Provincial de Pontevedra para explicar o proxecto VIDOC, Vehículos Integrais de Documentación, polo que a partir do segundo trimestre deste ano contaremos con unidades móbiles para DNI (incluído o electrónico) e pasaporte.
☑️ Nestas unidades móbiles, a cidadanía poderá realizar trámites como renovación do DNI ou pasaporte e activación do DNI electrónico. E coa novidade de que se fará no mesmo día, sen necesidade de asistir dous días para completar o trámite como vén sucedendo ata o de agora.
Tedes a info completa na nosa web: https://concellodebueu.gal/bueu-contara-cunha-unidade-mobil-para-facer-ou-renovar-o-dni-e-pasaporte-e-tamen-o-dni-electronicp/