
Concello De Bueu
February 27, 2025 at 07:59 AM
🧠 Dentro dunha semana, o xoves 6 de marzo, organizamos xunto á Asociación de Dano Cerebral de Galicia unha charla de Aproximación ao #danocerebraladqurido, aberta a todo tipo de público, na que falará de:
▪️ Causas, como o #ictus ou os traumatismos
▪️ Prevención
▪️ Secuelas e necesidades das persoas e familias con #danocerebral
▪️ Recursos de atención dispoñibles, como ALENTO Asociación de Dano Cerebral
📍 Lembramos:
📅 Xoves 6 de marzo
⌚ 12:00
📍 Centro Social do Mar
‼️ É de balde, pero precísase inscrición previa chamando ao 886 124 816 (Concello de Bueu), ao 652 770 563 (Dano Cerebral Galicia), ou cubrindo o formulario que aparece no QR do cartel ou nesta ligazón: https://forms.office.com/e/Zice0Dyq6x?origin=lprLink