Concello De Bueu
Concello De Bueu
February 28, 2025 at 07:09 AM
🗣️🎭🥳 Chega a fin de semana e vén cargadiña de eventos e de Entroido!!! Aquí vai un resumo para que non vos perdades nada ⬇️⬇️ ▪️ VENRES ▪️ 20.00 h, Concello: inicio do Entroido e pregón. 21.00 h, Centro Social do Mar: proxección do filme “20 días en Mariúpol” co Cineclub Bueu. ▪️ SÁBADO ▪️ 17.30 h, Adro de Cela: V Festival de Comparsas de Cela. 17.00 h, pista da Banda do Río: Entroido infantil na Banda do Río. 23.00 h, carpa de As Lagoas: festa dos anos 80 con XabyDj. ▪️ DOMINGO ▪️ 12.30 h, Illa de Ons: Entroido na illa de Ons. Saída de barco ás 10.00 e volta ás 18.00 h. 17.00 h Adro de Cela: actividades infantís e concurso de disfraces.

Comments