
CEIP Plurilingüe de Belesar
February 12, 2025 at 12:42 PM
https://youtu.be/Ir04Pseb76Q?si=TQNdrpQpY3QPhUK6
Imaxinas un colexio onde os teus fillos e fillas poidan aprender rodeados de natureza?
No colexio de Belesar, situado ao pé da maxestuosa Serra da Groba, combinamos unha educación de calidade nunha contorna natural única. Aquí a natureza convértese nunha extensión das nosas aulas.
A Serra da Groba ofrécenos un escenario perfecto para saídas frecuentes onde os nenos e nenas de 3 a 12 anos poden camiñar, explorar e aprender bioloxía de primeira man. Observar a flora e fauna, respirar aire puro e gozar de paisaxes incribles é parte do seu día a día.
No noso colexio non só ensinamos, senón que inspiramos.
Situados a 5 minutos de Sabarís, fomentamos o amor pola natureza, a curiosidade e a aprendizaxe activa.
¡Ven coñecernos! e descubre un lugar onde a educación e a natureza van da man.
COMPARTIDE!!
❤️
2