Europa con xeito 🇪🇺 .Por Nico G Casares
Europa con xeito 🇪🇺 .Por Nico G Casares
February 27, 2025 at 06:57 AM
Onte pasou algo fundamental en términos europeos de políticas de sostibilidade e do que igual non escoltades falar nin leredes probablemente na maioría de medios pero que é unha garantía para un futuro sostible na UE. Unha desas normas das que Europa fai estándares globais. Na presentación do paquete de simplificación, chamado Omnibus, na Comisión Europea salvouse a integridade da Taxonomía (o DNSH) que estivo en risco ata a fin de semana. A carta do Grupo Socialista asinada por Iratxe García ,a presión das ONG e a loita da VP Teresa Ribera conseguiron parar un movemento que sería letal contra o Pacto Verde Europeo. Disto fala ese artigo de Politico Se a taxonomía se volvía voluntaria e o DNSH decaía, sería moito máis simple, por exemplo financiar proxectos como Altri con fondos UE. Ademais non habería un bo esquema de finanzas sostibles en Europa que permita fomentar as tecnoloxías da descarbonizacion en Europa abrindo ademais a porta a máis Greenwashing Por alí estivemos traballando intensamente nesa loita. Non só por Altri, evidentemente , porque isto ía moito máis alá en termos ambientais e de compromisos climáticos. Con todos os respectos nin o BNG está neses debates pois son europeos e non ten influencia nin tampouco os cheira moito o PP español pero sí unha parte do EPP que era quen máis ambicionaba essential volta atrás. https://www.politico.eu/article/internal-backlash-eu-green-finance-rules-european-commission/

Comments