Diócesis de Mondoñedo-Ferrol
Diócesis de Mondoñedo-Ferrol
February 19, 2025 at 06:58 AM
🙏🏼 *EVANGELIO DEL DÍA* *_Le puso otra vez las manos en los ojos; el hombre miró: estaba curado y veía todo con claridad_* (Marcos 8, 22-26). Miércoles de la 6ª semana del Tiempo Ordinario. Santoral: Beato Álvaro de Córdoba. Comentarios preparados por el sacerdote diocesano Xaquín Campo. "En aquel tiempo, Jesús y sus discípulos llegaron a Betsaida. Y le trajeron a un ciego pidiéndole que lo tocase. Él lo sacó de la aldea, llevándolo de la mano, le untó saliva en los ojos, le impuso las manos y le preguntó: «Ves algo?». Levantando los ojos dijo: «Veo hombres, me parecen árboles, pero andan». Le puso otra vez las manos en los ojos; el hombre miró: estaba curado y veía todo con claridad. Jesús lo mandó a casa diciéndole que no entrase en la aldea". 💬 *Comentario* Xesús cura un cego. Cúrao progresivamente para ensinar que a súa humanidade é o instrumento dos favores divinos. Ves algo? Sabes saír, queres saír? ”Saber saír-se” dos enredos que nos fan perder o sentido da vida. Esíxelle “saír da aldea”. Non ao espectáculo. E non volvas atrás. Non volvas á aldea, non te entenderán e faranche a vida imposíbel: seguirás sendo “o cego”. A vida vai cara a diante. E ti tes de recuperar a liberdade e construírte como home adulto e de fe na vida, deixar de ser o esmoleiro. Traballar a túa dignidade. Non volvas atrás suspirando pola cova, a guarida. Mirar adiante, á vida cumprida unha vez máis os oráculos mesiánicos: Aprender a mirar como Xesús: todo o vivía desde a compaixón. 💡 *Para reflexionar* · _VER_: Que podo facer por ti? Que ansias de verdade hai dentro de ti? Que ansias hai neste mundo que vivimos? Que valores? · _XULGAR_: Cal e o modelo de home, de muller, de comunidade que temos e nos presentan? · _ACTUAR_: Señor, que vexa! – Que vexas que? Que queres ser cando vexas? A que estás disposto? – Sanda, Señor, a mirada deste mundo que estamos a facer. Axúdanos a ver como Xesús: aprendermos a mirar como Xesús. 🛐 *Oración* “Que Deus nos conceda a forza e o valor para honrar a dignidade de todo ser humano, para dicirnos a verdade uns a outros con amor, e para camiñarmos humildemente uns cos outros e co noso Deus polo ben de todas as persoas desta nación e do mundo. Amén”.
🙏 2

Comments