
Diócesis de Mondoñedo-Ferrol
February 21, 2025 at 07:11 AM
🙏🏼 *EVANGELIO DEL DÍA*
*_¿De qué le sirve a un hombre ganar el mundo entero y perder su alma?_* (Marcos 8, 34-9, 1). Viernes de la 6ª semana del Tiempo Ordinario. Santoral: San Pedro Damián. Comentarios preparados por el sacerdote diocesano Xaquín Campo.
"En aquel tiempo, llamando a la gente y a sus discípulos, Jesús les dijo: «Si alguno quiere venir en pos de mí, que se niegue a sí mismo, tome su cruz y me siga. Porque, quien quiera salvar su vida, la perderá; pero el que pierda su vida por mí y por el Evangelio, la salvará. Pues ¿de qué le sirve a un hombre ganar el mundo entero y perder su alma? ¿O qué podrá dar uno para recobrarla? Quien se avergüence de mí y de mis palabras en esta generación adúltera y pecadora, también el Hijo del hombre se avergonzará de él cuando venga con la gloria de su Padre entre sus santos ángeles». Y añadió: «En verdad os digo que algunos de los aquí presentes no gustarán la muerte hasta que vean el reino de Dios en toda su potencia».
💬 *Comentario*
Xesús ensina como integrármonos no misterio da súa misión: quen o queira seguir, para alcanzar a verdadeira vida, ten de sufrir e renunciar á súa propia vida. O Pai non quere a morte do Fillo. Ofreceuno por amor ao mundo. Misión que non se cumpre sen probas de entrega e fidelidade. É a condición do home mortal: “Tomar a cruz e seguilo, perder a vida para dar salvación de vida, pasando pola entrega e sacrificio de si mesmo por amor. Cristo, responsábel diante do Pai, amou ata o final da entrega, pasando pola morte e morte de cruz. E non se arredou”.
💡 *Para reflexionar*
· _VER_ : Dar a vida, non desbaldila no insubstancial. Entregar a vida no que vale a pena. dar a vida por…, iso é o que vale a pena.
· _XULGAR_ : Só será recoñecido por Cristo como seu verdadeiro discípulo quen se lle manifeste fiel no mundo actual.
· _ACTUAR_ : “Quen perde a súa vida por min e o Evanxeo, salvara a vida.
🛐 *Oración*
“POLOS ATRIBULADOS: Señor, libra ao mundo de todos os erros, alivia as enfermidades, desterra a fame, abre as prisións inxustas, rompe os cepos e as cadeas, dá seguridade aos camiñantes e o retorno ás casas aos peregrinos, concede saúde aos enfermos e alento aos coidadores e a salvación aos moribundos. Deus, Pai amoroso, consolo dos aflixidos e forza dos que sofren, acolle a súplica de cantos te invocamos nas tribulacións, para que nas adversidades e tamén nos momentos de alento aprendamos a sentir o gozo da túa misericordia amorosa. Amén”.
🙏
1