Diócesis de Mondoñedo-Ferrol
Diócesis de Mondoñedo-Ferrol
February 27, 2025 at 07:07 AM
🙏🏼 *EVANGELIO DEL DÍA* *_Tened sal entre vosotros y vivid en paz unos con otros_* (Marcos 9, 41-50). Jueves de la 7ª semana del Tiempo Ordinario. Santoral: Santa Honorina. Comentarios preparados por el sacerdote diocesano Óscar Fdez. Expósito. "En aquel tiempo, dijo Jesús a sus discípulos: «El que os dé a beber un vaso de agua porque sois de Cristo, en verdad os digo que no se quedará sin recompensa. El que escandalice a uno de estos pequeñuelos que creen, más le valdría que le encajasen en el cuello una piedra de molino y lo echasen al mar. Si tu mano te induce a pecar, córtatela: más te vale entrar manco en la vida, que ir con las dos manos a la «gehenna», al fuego que no se apaga. Y, si tu pie te induce a pecar, córtatelo: más te vale entrar cojo en la vida, que ser echado con los dos pies a la “gehenna”. Y, si tu ojo te induce a pecar, sácatelo: más te vale entrar tuerto en el reino de Dios, que ser echado con los dos ojos a la “gehenna”, donde el gusano no muere y el fuego no se apaga. Todos serán salados a fuego. Buena es la sal; pero si la sal se vuelve sosa, ¿con qué la salaréis? Tened sal entre vosotros y vivid en paz unos con otros». 💬 *Comentario* Xesús dinos que, moitas veces, o que máis nos atrae a bendición de Deus e a súa “recompensa” son accións espontáneas e sinxelas, que non buscan nada máis aló, como dar de beber a un discípulo. Ao mesmo tempo, Xesús prevennos contra toda forma de corrupción, de abuso de poder ou de calquera outro tipo, sobre todo contra os sinxelos e os inocentes. Pidamos ao Señor que tamén nos conceda vivir unha santa inocencia. Seguir a Xesús a veces implica cortar con aquilo que nos pode levar ao mal. Non se trata de cortar a man, a lingua ou o pé literalmente, pero, dalgún xeito simbolicamente. 💡 *Para reflexionar* Hai algo que sei que me leva a pecar? Penso algunha vez nas consecuencias que poden ter os meus pecados? O dano que podo facer a outros? No dano que me podo facer a min mesmo? Penso na ofensa que fago a Deus, que me ama? Incluso nas consecuencias que podan ter os meus pecados na outra vida? De que cousas me teño que desprender? Ou que cousas podo mellorar? Sobre todo, dou mal exemplo a outros (sobre todo na miña familia), que se podan afastar de Deus por culpa miña? 🛐 *Oración* Axúdame, Señor, a recoñecer aquilo que, sen que sexa pecado, me acaba apartando de Ti, especialmente aquilo que me denigra. Vale máis entrar sen moitos cartos no reino de Deus que ir ao inferno sendo millonario; vale máis pasar vergonza e entrar no Reino de Deus, que ir ao inferno sendo un cínico; vale máis entrar no ceo sen “amigos” nas redes sociais, que ir ao inferno cun montón de contactos inadecuados.
❤️ 🙏 4

Comments