CIG-Ensino
CIG-Ensino
May 12, 2025 at 01:28 PM
*‼️Vacantes nos CMUS Superiores (corpo de profesorado-594).* ✖️A Consellaría retira das vacantes definitivas todas as prazas do corpo de profesorado de música e artes escénicas (594) nos CMUS Superiores da Coruña e Vigo. As prazas afectadas son un total de 6 no CMUS da Coruña e 8 en Vigo. 👁‍🗨 A CIG-Ensino contactou coa administración, que confirma que tomaron esta decisión “por cautela” logo de estar aínda en fase de execución varias sentenzas do concurso de cátedras de 2018. A administración indica que tamén consideran máis prudente agardar polo desenvolvemento da Lei de Ensinanzas Artísticas. ➡️ A CIG-Ensino considera que todo o relacionado cos CMUS Superiores debería abordarse con maior seriedade, sen facer cambios que confunden ao profesorado, ao que lle xeneran unhas expectativas que logo se frustan. O sindicato xa comunicou á Consellaría que non se pode deixar todo pendente da lei estatal, cando o Ministerio avanzou que non haberá cambios nos corpos docentes até o curso 2027. Por iso é necesario que a Consellaría articule medidas para, dunha vez por todas, solucionar un tema que afecta ás prazas vacantes en todos os conservatorios do país, superiores e profesionais.

Comments