CIG-Ensino
CIG-Ensino
May 19, 2025 at 08:03 AM
*👅 Milleiros de persoas fan historia de novo enchendo as rúas de Compostela e participando nunha gran foliada pola lingua.* 📣 A reivindicación da derrogación do Decreto de Plurilingüismo no ensino estivo moi presente nunha xornada na que se homenaxeou as cantareiras e o seu legado na música popular galega. 🎙️ “Non nos resignamos á expulsión do galego de todos os ámbitos da vida social”. Así de contundente foi na súa intervención Marcos Maceira, portavoz da Plataforma Queremos Galego, que lembrou que "o noso idioma segue vivo a pesar de Rueda e así vai seguir sendo grazas ao compromiso da sociedade galega". 🛜 https://www.cig-ensino.gal/nova/milleiros-de-persoas-fan-historia-de-novo-enchendo-as-ruas-de-compostela-e-participando-nunha-gran-foliada-pola-lingua.html
Image from CIG-Ensino: *👅 Milleiros de persoas fan historia de novo enchendo as rúas de Comp...

Comments