
FAXPG Federación de Asociacións Persoas Xordas de Galicia
May 17, 2025 at 07:07 AM
💙👋 No 𝗗𝗶́𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗟𝗲𝘁𝗿𝗮𝘀 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮𝘀, adicado ás cantareiras e á tradición oral, sumámonos a esta celebración estreando o primeiro videoclip dun grupo galego coa interpretación en lingua de signos dunha artista xorda.
🎶 Con este "Arrolo" de A Voz das Mouras e Vivir Signando convidámosvos a gozar da música tradicional e a lingua de signos nun vídeo completamente accesible que vimos de realizar desde a FAXPG. A canción é unha homenaxe á diversidade e á afouteza das nais 🦇🦔
😊 Moitas grazas ás artistas por achegar a música e a LSE neste proxecto tan fermoso que hoxe compartimos con vós.
Podedes ver o videoclip completo na nosa web e na nosa canle de YouTube: https://youtu.be/U-DypDmQJ-0
Feliz Día das Letras Galegas! 💙
❤️
8