Europa con xeito 🇪🇺 .Por Nico G Casares
Europa con xeito 🇪🇺 .Por Nico G Casares
June 10, 2025 at 09:46 AM
🌊 🇪🇺🌏Esta semana participo na Cumio dos Océanos das Nacións Unidas en Niza como membro da delegación do Parlamento Europeo. Un encontro clave para o futuro da gobernanza mariña e da pesca. Foi un pracer atoparme co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, coa vicepresidenta Sara Aagesen e coa ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, nunha cume internacional desta dimensión, con España liderando o debate como primeiro país en asinar o Acordo Internacional para a Biodiversidade Mariña fóra das xurisdicións nacionais (BBNJ). Na presentación do Pacto Europeo polos Océanos, estiveron tamén presentes o presidente francés Emmanuel Macron e o presidente do Consello Europeo, António Costa, o que reflicte a relevancia política que está collendo o debate sobre o futuro dos nosos mares. Desde Galicia —a primeira rexión pesqueira de Europa— non podemos quedar fóra destas decisións. É por iso que lamentei a ausencia da Xunta de Galicia nesta cumio. A voz das nosas frotas e da nosa economía azul debe estar presente. Nesta cimeira abordáronse cuestións moi sensibles para Galicia, como a pesca de fondo, e trasladamos a mensaxe de que a sustentabilidade ambiental debe ir da man da sustentabilidade social e económica. En Galicia contamos cunha frota pesqueira que xera emprego e fornece a proteína coa menor pegada de carbono que existe. Seguiremos traballando para que a transición azul tamén sexa xusta para a xente do mar.
Image from Europa con xeito 🇪🇺 .Por Nico G Casares: 🌊 🇪🇺🌏Esta semana participo na Cumio dos Océanos das Nacións Unidas...

Comments