Concello De Bueu
Concello De Bueu
May 29, 2025 at 10:18 AM
🗣️ ABRIMOS AS INSCRICIÓNS PARA O CONCILIA BUEU ☑️ O Concello de Bueu prepárase para a realización da nova edición do programa ‘Concilia Bueu’. ☑️ O prazo de inscrición estará aberto do 2 ao 9 de xuño e poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos. ☑️ Dende a concellaría de benestar social informan que o programa terá un custe económico para as familias, despois de que se aprobe o prezo público previsto. Será de 50 € cada mes de xullo e agosto, e 12,5 € nas semanas de xuño, e setembro. ☑️ O programa desenvolvérase entre o 23 de xuño ao 5 de setembro deste ano, en diversas quendas: a 1ª quenda será do 23 ao 30 de xuño; a 2ª quenda, do 1 ao 31 de xullo, a 3ª quenda, do 1 ao 29 de agosto; e a 4º quenda, do 1 ao 5 de setembro. Para cada quenda ofertaranse 120 prazas, e delas 10 serán para nenos e nenas en risco de exclusión social. Tedes toda a info na nosa web ⬇️ https://concellodebueu.gal/o-concello-de-bueu-abre-o-prazo-para-participar-no-concilia-bueu-2/
Image from Concello De Bueu: 🗣️ ABRIMOS AS INSCRICIÓNS PARA O CONCILIA BUEU   ☑️ O Concello de Bue...

Comments