
Concello De Bueu
June 4, 2025 at 08:34 AM
🤩📚🎶 Arrancamos unha nova edición de "Contos na biblioteca" que se celebrarán durante este mes de xuño nas bibliotecas municipais.
Comezamos este xoves ás 18.30 horas na de Beluso con "Como montar a túa banda de verán" de Xoán Curiel, un espectáculo que conta a historia duns amigos que no verán queren formar un grupo de música. Nel mestúrase narración oral e música, cunha gran variedade de estilos como o funk, o rock, o pop, o reggae ou a bossa nova, e elementos teatrais e de clown.
Acompañádesnos?
