CIG-Ensino
CIG-Ensino
June 18, 2025 at 01:42 PM
⚠️ Prazas convenio/programa Mañá non estará aberto en sede o procedemento para solicitar as prazas de convenio. Avisaremos dos novos prazos. 👉 Nota aclaratoria sobre o proxecto Na convocatoria existe unha discrepancia entre o apartado 5.3.1 b) onde di que o proxecto de traballo será dunha extensión máxima de 20 páxinas tamaño folio, formato DIN-A4, a dobre espazo e letra tipo Arial, a 12 puntos sen comprimir mentres que no baremo di que será orixinal, en galego, cunha extensión máxima de 20 folios DIN A4, tipo de letra Arial ou Xunta Sans, tamaño de letra 12 e espazado 1,5. A administración confírmanos que sacarán unha corrección de erros, indícannos que o correcto é o do baremo, é dicir, en galego, 20 A4, arial ou Xunta Sans, tamaño 12 e interliñado 1,5.
Image from CIG-Ensino: ⚠️ Prazas convenio/programa Mañá non estará aberto en sede o procedeme...

Comments