InfórmatEM - FEGADEM WhatsApp Channel

InfórmatEM - FEGADEM

24 subscribers

About InfórmatEM - FEGADEM

Dámosche a benvida á canle de difusión de FEGADEM "InfórmatEM" 👋 Aquí poderás enterarte das últimas novas sobre a Esclerose Múltiple e dos traballos que realizamos, tanto dende a Federación Galega de Esclerose Múltiple como dende as nosas asociacións membro 💼🤞 Xuntas, somos máis fortes! 💪 🌐 Podes consultar información tamén na nosa web www.esclerosismultiplegalicia.org

Similar Channels

Swipe to see more

Posts

InfórmatEM - FEGADEM
InfórmatEM - FEGADEM
2/3/2025, 12:03:12 PM

*Eres coidador/a dun familiar maior cunha enfermidade grave?* 👩‍⚕️ 👉 Colabora nesta investigación! 🔵 Dende a *Universidade de Santiago de Compostela* están participando nun estudo internacional sobre os *retos e necesidades das persoas coidadoras* de adultos maiores ao final da vida. 💬 Como podes axudar? • Se coidas dun familiar *de 65 anos ou máis cunha enfermidade grave*, podes participar nunha entrevista onde compartirás a túa experiencia 🗣️ 🚫 *Exclúense* coidadores/as de persoas con demencia ou Alzheimer, con enfermidades mentais ou con discapacidades intelectuais. 📩 Se desexas participar, *contacta* no 981 564 869 ou en [email protected] 🤝 Colaboran: Universidade de Santiago de Compostela, Universidad de Murcia, Università degli studi di Firenze, The University of Alabama, University of Birmingham e Universität zu Köln.

👍 1
Image
InfórmatEM - FEGADEM
InfórmatEM - FEGADEM
2/5/2025, 11:17:49 AM

🔎 *Migrañas e Esclerose Múltiple: hai conexión?* 💡 Un estudo noruego suxire que a migraña podería ser un *síntoma temperán da EM nas mulleres*, ata 10 anos antes do diagnóstico 📅 👩‍⚕️ Coa investigación descubriuse que un *21% das mulleres con EM participantes sufriron migrañas* entre 6 e 10 anos antes de recibir o diagnóstico. Este dato reforza a idea de que a migraña podería formar parte do *pródromo da enfermidade* 🧠 ⚠️ Se padeces migrañas frecuentes, especialmente durante o embarazo, é importante *consultalo cos/as profesionais da saúde* 🏥💛 Por máis investigación no diagnóstico temperán da EM! 🤝 🔗Le o artigo completo aquí: https://esclerosismultiplegalicia.org/migrana-poderia-ser-sintoma-temperan-esclerose-multiple-mulleres-gal.html

😮 1
InfórmatEM - FEGADEM
InfórmatEM - FEGADEM
2/5/2025, 11:18:59 AM

Coñecías esta conexión? 💭

InfórmatEM - FEGADEM
InfórmatEM - FEGADEM
2/7/2025, 6:53:55 PM

🔴 A *ESCLEROS EMÚLTIPLE* DEBE ESTAR NA *LEI ELA*! NECESITAMOS A TÚA AXUDA! 🔴 📢 O *Ministerio de Sanidade* abriu unha consulta pública para decidir que enfermidades estarán incluídas na Lei 3/2024 (Lei ELA). Esta lei *permitirá axilizar trámites burocráticos* para persoas con enfermidades neurodexenerativas, ademais doutros beneficios. 💡 *Por que isto é importante para a EM?* Porque se se inclúe, podería traballarse en lograr moitos dereitos para as persoas con EM, como: ✅ 33% de discapacidade automática ao diagnóstico. ✅ Axilización dos trámites de dependencia. ✅ Menos burocracia para acceder ás prestacións. ⚠️ O PROBLEMA? A Esclerose Múltiple AÍNDA NON ESTÁ INCLUÍDA... e *temos ata o DOMINGO 9 de febreiro* para conseguilo! 💥 COMO PODES AXUDAR? 💥 ✉️ *Envía* un correo a: [email protected] 📌 Escribir no *asunto*: "En referencia a la consulta pública previa a la elaboración del proyecto de Real Decreto que desarrollará la Ley 3/2024 (Ley ELA)" + Nome e apelidos da persoa/entidade que escribe. 📄 No corpo do correo debes poñer: ✅ O teu *nome, apelidos, DNI/CIF e correo electrónico* (sen isto, o comentario NON será válido). ✅ Indicar que "la remisión de comentarios al correo indicado es a efectos de la consulta pública de la propuesta de Real Decreto referida". ✅ *Explicar* por que consideras que a EM debe estar incluída nesta lei e todos os comentarios que consideres. 📢 *Cada correo conta!* *Comparte* e axúdanos a facer que a Esclerose Múltiple non quede atrás! 💙 🔗https://esclerosismultiplegalicia.org/consulta-publica-sobre-lei-ela-incluamos-esclerose-multiple-gal.html

InfórmatEM - FEGADEM
InfórmatEM - FEGADEM
2/13/2025, 4:41:02 PM

*Teresa González, presidenta de FEGADEM* e expresidenta de ACEM Santiago, recibirá o *recoñecemento "Mulleres de Compostela"* do Concello de Santiago 🔵 ⭐️ Agradecemos o seu traballo e dedicación na Federación e a súa *loita polos dereitos das persoas con Esclerose Múltiple*. 📍O acto de entrega dos premios terá lugar o *venres 7 de marzo no Auditorio de Galicia*. Sigamos loitando xuntas por máis recursos, máis concienciación e máis investigación na EM 💪🏻 🔗 https://esclerosismultiplegalicia.org/teresa-gonzalez-presidenta-fegadem-recibe-reconecemento-concello-santiago-gal.html

👍 👏 3
Image
InfórmatEM - FEGADEM
InfórmatEM - FEGADEM
2/18/2025, 12:03:09 PM

Non esquezas que en *FEGADEM* temos o servizo de *Traballo Social*, coa nosa traballadora Rebeca Méndez ⭐️🤝 Este servizo baséase en: ✅Deseño, execución e avaliación de *proxectos de intervención social*. ✅Diagnóstico social e *atención* sociofamiliar. ✅Información, *orientación* e asesoramento. ✅Elaboración de *informes sociais* e coordinación interdisciplinar. ✅Xestión de recursos e *derivación* a outras entidades. 🔵 Con Rebeca no noso equipo, estamos listas para un *acompañamento máis completo* e seguir mellorando a calidade de vida das persoas con *Esclerose Múltiple* 🌟 💬 Se precisas apoio ou asesoramento, *contacta con FEGADEM*! 📞 698 197 186 📩 [email protected] Descobre máis sobre os nosos servizos *na web* 🔗 https://esclerosismultiplegalicia.org/index.php?newlang=galician https://esclerosismultiplegalicia.org/lembramos-o-noso-servizo-de-traballo-social-en-fegadem-gal.html

❤️ 💜 3
Image
InfórmatEM - FEGADEM
InfórmatEM - FEGADEM
2/24/2025, 2:25:22 PM

Despois de meses traballando arreo... *Neurín xa está modo cine* 😎 Proximamente estreamos *O SilEMcio do Rural*! 🎬🎥 🏡 Varias historias galegas de resiliencia, comunidade e *Esclerose Múltiple no rural*. Levaremos o documental a *varios lugares de Galicia*, así que... onde vos gustaría velo? 🤔 Contestade nas nosas redes sociais! ⬇️ • Instagram: https://www.instagram.com/esclerosemultiplegal/ • Facebook: https://www.facebook.com/esclerosemultiplegal?locale=es_ES • X: https://x.com/fegadem

Image
InfórmatEM - FEGADEM
InfórmatEM - FEGADEM
2/24/2025, 2:27:06 PM

Tedes ganas da estrea? 🥳🎥

InfórmatEM - FEGADEM
InfórmatEM - FEGADEM
2/26/2025, 12:34:18 PM

📣 Participa na *enquisa internacional sobre Ferramentas Dixitais para Persoas con Esclerose Múltiple*! 💻📲 Dá a coñecer a túa experiencia e opinión sobre as *aplicacións, sitios web e dispositivos intelixentes* que usan as persoas con EM 🧠 👉 O obxectivo é explorar os *beneficios*, as *preocupacións* sobre seguridade e privacidade dos datos, e as *barreiras* que poden influír no uso destas ferramentas a longo prazo. 📋 Detalles da enquisa: ⏱️ *Duración estimada*: 30 minutos (con opción de pausa e reanudación). 🗓️ *Data límite de participación*: 16 de marzo de 2025 🔵 Esta enquisa forma parte da *Iniciativa de Resultados da EM Informados polos/as Pacientes (PROMS)*, dirixida pola *Fundación Europea Charcot (EFC)* e a *Federación Internacional de EM (MSIF)*, co apoio da *Sociedade Italiana de EM (AISM)*. 💡 Por que participar? ✅ A túa opinión servirá para *identificar o que funciona* e o que precisa mellorarse nas ferramentas dixitais para a comunidade con EM. ✅ Axudarás a outras persoas con Esclerose Múltiple, investigadores/as e profesionais sanitarios/as a desenvolver ferramentas máis eficaces na vida con EM, nos ensaios clínicos e na atención médica. 🌏 Accede á enquisa no idioma que prefiras no seguinte enlace: https://proms-initiative.org/survey-wg3/?fbclid=IwY2xjawIrt_xleHRuA2FlbQIxMAABHVCraDgZlIkV6CVV44qveI6F7agVIoSULaoNkohBOpMnQjreDm5z4_xGVQ_aem_DAdRiGH_8FrLNYyGb_n25g 👉🏻 +Info: https://esclerosismultiplegalicia.org/participa-enquisa-internacional-ferramentas-dixitais-persoas-esclerose-multiple-gal.html 👉🏻 Preguntas: [email protected]

Link copied to clipboard!