InfórmatEM - FEGADEM
InfórmatEM - FEGADEM
February 7, 2025 at 06:53 PM
🔴 A *ESCLEROS EMÚLTIPLE* DEBE ESTAR NA *LEI ELA*! NECESITAMOS A TÚA AXUDA! 🔴 📢 O *Ministerio de Sanidade* abriu unha consulta pública para decidir que enfermidades estarán incluídas na Lei 3/2024 (Lei ELA). Esta lei *permitirá axilizar trámites burocráticos* para persoas con enfermidades neurodexenerativas, ademais doutros beneficios. 💡 *Por que isto é importante para a EM?* Porque se se inclúe, podería traballarse en lograr moitos dereitos para as persoas con EM, como: ✅ 33% de discapacidade automática ao diagnóstico. ✅ Axilización dos trámites de dependencia. ✅ Menos burocracia para acceder ás prestacións. ⚠️ O PROBLEMA? A Esclerose Múltiple AÍNDA NON ESTÁ INCLUÍDA... e *temos ata o DOMINGO 9 de febreiro* para conseguilo! 💥 COMO PODES AXUDAR? 💥 ✉️ *Envía* un correo a: [email protected] 📌 Escribir no *asunto*: "En referencia a la consulta pública previa a la elaboración del proyecto de Real Decreto que desarrollará la Ley 3/2024 (Ley ELA)" + Nome e apelidos da persoa/entidade que escribe. 📄 No corpo do correo debes poñer: ✅ O teu *nome, apelidos, DNI/CIF e correo electrónico* (sen isto, o comentario NON será válido). ✅ Indicar que "la remisión de comentarios al correo indicado es a efectos de la consulta pública de la propuesta de Real Decreto referida". ✅ *Explicar* por que consideras que a EM debe estar incluída nesta lei e todos os comentarios que consideres. 📢 *Cada correo conta!* *Comparte* e axúdanos a facer que a Esclerose Múltiple non quede atrás! 💙 🔗https://esclerosismultiplegalicia.org/consulta-publica-sobre-lei-ela-incluamos-esclerose-multiple-gal.html

Comments