
CEIDA Galicia
February 18, 2025 at 10:13 AM
O CEIDA acaba de abrir a inscrición para a 6ª edición do Curso Online *‘Deseño de Actividades para unha Educación Ecosocial’, que terá lugar do 25 de febreiro ao 23 de marzo* , co obxectivo de dar a coñecer e/ou ampliar os recursos didácticos con novas propostas, contidos, técnicas e actividades para unha Educación Ecosocial. Dirixido aos profesionais da educación ambiental e do medio ambiente, así como a persoas interesadas en adquirir coñecementos relacionados co deseño e execución de actividades de educación ambiental, a actividade incluirá vídeos didácticos prácticos, presentación de contidos en directo e titorías personalizadas.
Todos os materiais estarán dispoñibles en galego e castelán, e o alumnado tamén podrá realizar os exercicios e comunicarse coas docentes en portugués.
