
CEIDA Galicia
92 subscribers
About CEIDA Galicia
Canal de difusión do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - CEIDA
Similar Channels
Swipe to see more
Posts

*OBRADOIRO PINTURA CON ACUARELA: EDICIÓN VERÁN* O CEIDA acaba de abrir a inscrición para a vindeira actividade do *Ciclo de Talleres de Iniciación á Pintura con Acuarela* , impartidos polo artista *José Arcas,* centrados no *Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes* . Esta edición de verán estará adicada ás paisaxes deste espazo protexido do Concello de Oleiros, e as persoas participantes, ademáis de adquirir os principios teóricos básicos desta técnica, realizarán unha práctica na que aprenderán a facer unha paisaxe desta costa, misturando acuarela tradicional con outra un tanto especial. Non son necesarios coñecementos de pintura. O obradoiro terá lugar o *sábado 21 de xuño na sede da entidade, o Castelo de Santa Cruz (Oleiros).* Máis información e inscricións en: https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/iniciacion-a-pintura-con-acuarela-das-aves-e-paisaxes-da-costa-de-dexo-edicion-veran


*CONTACONTOS FAMILIAR ‘XELA, AVENTURA NA FRAGA’* Prezado/a amigo/a, A nosa biblioteca e centro de documentación ambiental acolle a segunda entrega de Xela, a protagonista dun conto que pretende achegar a natureza do noso territorio á infancia, creado pola educadora ambiental e contadora de historias *Inma Soto* . Esta segunda parte leva o título *'Xela, aventura na fraga'* , unha oportunidade para mergullarse no bosque galego e despertar a sensibilidade e o apego hacia o mundo que nos rodea. Que nos traerá nesta ocasión? Xela amosa a paisaxe que pode ver dende a fiestra do seu cuarto, o bosque autóctono. Un inesperado e intrigante suceso motiva á protagonista a saír na procura de respostas. Polo camiño atopará rastros e pegadas de animais que conducen á resolución deste misterioso caso. O contacontos terá lugar no xardín do Pazo de Lóngora o sábado, 28 de xuño, ás 12 horas. Está dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos. As prazas son limitadas. Imprescindible a reserva no teléfono 981 630 618 ou no formulario habilitado na páxina web: https://www.ceida.org/gl/novidades/contacontos-xela-aventura-na-fraga


*XORNADAS PATRIMONIO XEOLÓXICO* O CEIDA, co patrocinio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, acaba de abrir a inscrición para as *Xornadas de Patrimonio Xeolóxico que terán lugar o vindeiro venres, 27 de xuño, no Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)* . A actividade pretende identificar a xeodiversidade e o patrimonio xeolóxico do territorio e axudar a enfocar a súa conservación, xestión e divulgación, así como o seu uso didáctico e recreativo sostible. As prazas son limitadas. Máis información: https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/xornadas-patrimonio-xeoloxico


*OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO HAIKU – EDICIÓN INFANTIL* Prezado/a amigo/a, O venres, *23 de maio* o CEIDA, co patrocinio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, organiza a 3ª edición do *Obradoiro de Iniciación ao Haiku dirixido a público infantil-xuvenil (de 7 a 14 anos)* . A actividade, impartida pola escritora *Francisca García Jáñez* , terá lugar na sede da biblioteca e centro de documentación ambiental, as antigas cabalarizas do *Pazo de Lóngora, en horario de 17 a 19.30 horas* , e contará con exercicios prácticos que se desenvolverán no xardín. As prazas son limitadas. Máis información e inscricións: https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/obradoiro-de-iniciacion-ao-haiku-edicion-infantil-0


*DIÁLOGOS HUMBOLDT 2025* Continuando coa labor de divulgación da figura de *Alexander von Humboldt* como un dos naturalistas máis importantes dos séculos XVIII-XIX e a súa vinculación coa cidade da Coruña, e fomentar a reflexión sobre o estado actual do medio ambiente e os retos aos que nos enfrontamos, o *CEIDA e a Autoridade Portuaria* organizan unha nova convocatoria dos *Diálogos Internacionais Humboldt: os retos ambientais á luz das súas contribucións.* A actividade, dirixida a todos os públicos, terá lugar o *vindeiro xoves, 5 de xuño (Día Mundial do Medio Ambiente), en horario de 10 a 14 h. no Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)* . As prazas son limitadas. Máis información e inscricións: https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/dialogos-internacionais-humboldt-os-retos-ambientais-a-luz-das-suas-contribucions


*OBRADOIRO POESÍA E NATUREZA – 2ª EDICIÓN* Continuado coas actividades de creación literaria, abrimos a inscrición para a *2ª edición do Obradoiro de Poesía e Natureza* , que este ano leva o título *‘Árbores en pé. O poema que se alza’,* e que será impartido novamente pola escritora *Dores Tembrás (Apiario).* Unha actividade para aproximarnos a aquela poesía na que a natureza ten un papel protagonista, e en concreto traballaremos coas árbores como motivo central. O obxectivo será procurar aqueles aspectos que as árbores, como símbolo crucial da natureza, atravesan a cada participante. O obradoiro terá lugar o *venres día 6 e o sábado día 7 de xuño* na nosa biblioteca e centro de documentación ambiental, nas antigas cabalarizas do *Pazo de Lóngora (Oleiros)* e as prazas son limitadas. Máis información: https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/obradoiro-poesia-e-natureza-arbores-en-pe-o-poema-que-se-alza


*XORNADA RESTAURACIÓN DA NATUREZA* O vindeiro *xoves, 19 de xuño,* o *Grupo de Investigación Dereito Público Global (Observatorio do Litoral) da Universidade da Coruña e o CEIDA* organizan a *Xornada ‘O novo regulamento da Unión Europea sobre Restauración da Natureza de 2024’* , que pretende realizar unha análise interdisciplinar do novo Regulamento Europeo de Restauración da man de expertos científicos e técnicos de diferentes ámbitos, así como un balance dos retos e problemas técnicos que supón a súa aplicación. A xornada terá lugar en *horario de 9.30 a 14.00 horas no Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz (* *Oleiros).* As prazas son limitadas. Programa completo e inscricións: https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/xornada-o-novo-regulamento-da-ue-sobre-a-restauracion-da-natureza-de-2024-un-dialogo


*NOVIDADES BIBLIOGRÁFICAS MAIO* Prezado/as amigo/as, Facémosvos chegar as novidades bibliográficas máis destacadas incorporadas á Biblioteca e Centro de Documentación Ambiental do CEIDA durante este mes de maio: https://documentacion.ceida.org/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?op=view&shelfnumber=343 Se aínda non coñece este servizo, pode atopar máis información e darse de alta como usuario/a na nosa páxina web: https://www.ceida.org/gl/biblioteca-e-documentacion/o-centro-de-documentacion Para máis información: [email protected] - 981 630 618


*CONVERSAS NATURALISTAS: LIBÉLULAS E LIBROS* Este mes de maio a nosa biblioteca e centro de documentación ambiental retoma as Conversas Naturalistas, espazo de introdución ao mundo natural que combina a experiencia persoal de expertos/as en determinadas materias e os libros que son imprescindibles para marabillarnos coa biodiversidade que nos rodea. Esta primeira conversa deste ano estará centrada no mundo das Libélulas e os Libros, e para achegarnos a elas contaremos coa presenza da *escritora, docente e naturalista Anxos Romeo.* A actividade terá lugar nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora o vindeiro *xoves, 29 de maio, ás 19.00 h.* As conversas naturalistas son unha *actividade de iniciación dirixida a público xeral a partir de 14 anos.* As prazas son limitadas. Máis información e inscricións en: https://www.ceida.org/gl/novidades/conversas-naturalistas-libelulas-e-libros
