BNG Ortigueira
February 5, 2025 at 06:11 PM
O BNG leva tempo denunciando a situación crítica do transporte público na comarca do Ortegal e da Mariña. Reclamamos melloras urxentes para garantir un servizo de calidade que responda ás necesidades da nosa veciñanza. Entre as demandas, reclamamos o cumprimento dos horarios, o incremento de frecuencias e prazas nas horas escolares e laborais, así como a mellora xeral da xestión do servizo.
Neste contexto, o noso deputado no Congreso, Néstor Rego rexistrou varias iniciativas parlamentarias nas que insta ao Goberno e a ADIF a acometer a modernización das liñas ferroviarias que afectan directamente á comarca, como a de Ferrol-Ribadeo. Néstor Rego tamén subliña a necesidade de acelerar o by-pass de Betanzos e mellorar así a xestión ferroviaria entre Ferrol e Coruña.
Consideramos imprescindíbel dotar ao Ortegal e á Mariña dun transporte público digno, moderno e eficiente, tanto no ámbito ferroviario coma por estrada. Con estas iniciativas o BNG reafirma o seu compromiso con mellorar a mobilidade na comarca e esixe solucións inmediatas e estruturais por parte das administracións competentes.
Instagram: https://www.instagram.com/share/reel/BAVxZ2UUJN
Facebook: https://www.facebook.com/share/r/18RSojJhd8/
Se aínda non asinaches por un transporte público digno, podes facelo aquí:
https://www.change.org/p/transporte-p%C3%BAblico-de-calidade