BNG Ortigueira WhatsApp Channel

BNG Ortigueira

42 subscribers

About BNG Ortigueira

Canle de difusión da actividade municipal e outras novas de interese relacionadas co BNG de Ortigueira

Similar Channels

Swipe to see more

Posts

BNG Ortigueira
BNG Ortigueira
6/6/2025, 10:23:49 AM

🔎 No pleno do 30 de maio volvemos facer o noso traballo: fiscalizar con rigor e propoñer alternativas para mellorar Ortigueira. 📌 Desde denunciar o incremento desproporcionado das taxas na Feira de Artesanía ata reclamar máis planificación e control por pare do Goberno Municipal. O BNG traballa con seriedade e propostas claras. 🧵 Queres saber que fixemos en cada punto? Consulta o resumo completo na nosa web 👉 https://ortigueira.bng.gal/articulo/plenos/pleno-ordinario-30-maio-2025/20250606113137001128.html 💬 Porque outra maneira de gobernar é posíbel. E nós traballamos para facela realidade. #SomosAAlternativa Instagram: https://www.instagram.com/p/DKjg9Jhtl2V/?igsh=MWh0bWtpYjN2cXE3Zg== Facebook: https://www.facebook.com/share/16iZPSDaQc/

👏 1
BNG Ortigueira
BNG Ortigueira
5/30/2025, 6:47:16 AM

O BNG rexistrou 3 preguntas para o pleno do 30 de maio, preguntamos polos informes da residencia Dolores Díaz Dávila, o Museo Ortegalia e o Servizo de Salvamento Acuático para o verán 2025. +Info: Instagram: https://www.instagram.com/p/DKRJOW-tJKn/?igsh=dDkxOW1xNXRqbWhz Facebook: https://www.facebook.com/share/p/16hpZvntrL/

👍 1
BNG Ortigueira
BNG Ortigueira
6/13/2025, 9:56:46 AM

🔎 Fronte ás evasivas, o BNG dá respostas claras 📄 O deputado do BNG no Parlamento Galego, Ramón Fernández Alfonzo, publica o informe completo da súa visita á residencia Dolores Díaz de Dávila. 💬 Este informe confirma o que levamos meses denunciando desde o BNG de Ortigueira xunto á Plataforma Comida Digna Xa. 📢 Este é o resultado dun traballo continuado desde o noso grupo municipal, que levou o tema ao Parlamento Galego e mantivo o contacto directo coas persoas afectadas. 👉 Xa podes ler o informe completo aquí: 🔗 https://ortigueira.bng.gal/articulo/novas/valoracion-da-visita-realizada-residencia-do-consorcio-galego-dolores-diaz-davila-concello-ortigueira/20250613115923001130.html ✊ Seguiremos traballando onde faga falta: na rúa, no pleno e no Parlamento. Mañá haberá novas importantes ao respecto destas cuestións. Instagram: https://www.instagram.com/p/DK1iyQ7tf6l/?igsh=d2wwZW82aGdjdzJx Facebook: https://www.facebook.com/share/1CHiWJzfHW/

👏 1
BNG Ortigueira
BNG Ortigueira
6/10/2025, 6:07:41 PM

⛱️🛟 Servizo de socorrismo en Ortigueira: o mesmo problema, sen solucións reais?👩🏻‍🚒🚤 O verán pasado denunciamos as importantes carencias do servizo: falta de material, embarcacións inexistentes, casetas mal colocadas e un equipo profesional en condicións precarias que poñía en risco a seguridade dos bañistas e dos propios socorristas. Este ano, para evitar as mesmas situacións, preguntamos no pleno polo estado do servizo e recibimos respostas vagas e sen compromisos claros do goberno municipal de PP-XA. A situación parece que non mellora e o verán xa está aí, quedan poucos días para que comece o verán, pero con tempo suficiente para que o goberno actúe para ter o servizo en funcionamento a tempo. Desde o BNG volvemos presentar propostas claras para garantir que o servizo de socorrismo funcione correctamente desde o primeiro día e con todos os recursos necesarios: 1️⃣ Entrega puntual e mantemento das embarcacións. 2️⃣ Recolocación estratéxica das casetas de socorrismo. 3️⃣ Balizamento claro das zonas de baño. 4️⃣ Carteis informativos con normas e horarios. 5️⃣ Convocatoria anticipada e suficiente de socorristas e patróns. 6️⃣ Material necesario dispoñíbel desde o primeiro día. 🚨 Ortigueira merece praias seguras e un servizo de salvamento acuático que garanta a tranquilidade da veciñanza e visitantes. 👉 Desde o BNG seguiremos a esixir planificación e compromiso real para que non se repitan os erros do pasado. Instagram: https://www.instagram.com/p/DKusJlTNHpI/?igsh=MjlzbXF3MzBqbzJq Facebook: https://www.facebook.com/share/12L5n9ERdTo/

💙 1
BNG Ortigueira
BNG Ortigueira
5/27/2025, 5:46:29 PM

Convocado o pleno ordinario do mes de maio para o venres 30, ás 20:00h no salón de plenos da Casa do Concello de Ortigueira Orde do día: * Corrección erro no acordo participación POS+2025 * Adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) de Galiza e delegración de competencias * Aprobación do expediente de contratación dos servizos de limpeza, desinfección e hixiene nas instalación municipais * Proposta exclusión oferta incursa en baixa anormal ou desproporcionada e clasificación das ofertas admitidas no procedemente * Recoñecemento extraxudicial de crédito * Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal nº 15 * 2 recoñecementos de compatibilidade laboral * Mocións de urxencia * Resolucións ditadas pola Alcaldía * Acordos Xunta de Goberno Local * Rogos e preguntas Queres levar rogos ou preguntas ao plenos? Desde o BNG poñemos á vosa disposición unha caixa de correos anónima na que podedes enviarnos suxestións, queixas, preguntas,... para presentalas por vós. #Participa 👉🏻 https://ortigueira.bng.gal/blog/section/buzon-anonimo/ (podes entrar desde as historias destacadas) Instagram: https://www.instagram.com/p/DKKljyStfB2/?igsh=MWYycDhmOWxxazkwdQ== Facebook: https://www.facebook.com/share/p/1FdsmLtBke/

BNG Ortigueira
BNG Ortigueira
6/12/2025, 7:52:24 PM

🔴 Desde o BNG de Ortigueira levamos ao pleno preguntas clave sobre a situación da comida na Residencia Dolores Díaz Dávila, tras o comunicado da Plataforma Comida Digna Xa. 🔍 A veciñanza merece saber: — Que alcance ten o informe parlamentario? — Quen o redacta e con que criterios? — Que medidas se van aplicar e cando? ❌ As respostas do alcalde foron vagas, sen compromisos, e sen asumir responsabilidade ningunha. 🗣️ Desde o BNG continuaremos reclamando medidas reais para garantir unha comida digna na residencia pública do noso concello. 📢 Mañá haberá novas importantes sobre estas cuestións. Estade atentas. Instagram: https://www.instagram.com/p/DKzpyjONrvw/?igsh=MThvbHk5c2R0YzR1eQ== Facebook: https://www.facebook.com/share/1A3vB9wySb/

👏 1
BNG Ortigueira
BNG Ortigueira
6/20/2025, 5:23:26 PM

⛱️🚤Servizo de socorrismo: unha vez máis, tarde e sen previsión🛟🏊🏻‍♀️ 🗓️ O pasado 30 de maio, desde o BNG de Ortigueira, formulamos no pleno algunhas preguntas concretas para saber se as prazas de socorristas e patróns ían ser convocadas con tempo suficiente para garantir a súa incorporación a finais de xuño ou, cando menos, antes do Festival do Mundo Celta de Ortigueira. A resposta do alcalde foi ambigua e sen ningún compromiso concreto, que se publicarían en breve. Onte anuncíabase que as bases da convocatoria se publicarían hoxe, 20 de xuño. E hoxe, despois dunha análise dos prazos oficiais, podemos afirmar que o servizo non poderá estar operativo ata ben entrada a segunda quincena de xullo (22-23 de xullo), no mellor dos casos. 👉🏻Desde o BNG reiteramos: O goberno do PP–XA repite os mesmos erros que en 2024. Convocatorias tardías, respostas evasivas e ningunha vontade real de poñer solucións enriba da mesa. Fronte á súa improvisación, planificación e previsións dos prazos de moitas das convocatorias que levan feitas, desde o BNG solicitamos que se: 🔹Convoquen antes as prazas para ter un servizo de socorrismo desde, polo menos, o 1 de xullo. 🔹Evitar os problemas do ano 2024, para iso, ter preparado o material e dotar de medios e material desde o primeiro día ao servizo de socorristas e patróns. O que temos diante é unha cronoloxía dun retraso anunciado, e unha mostra máis dunha forma de gobernar sen previsión, sen compromiso e sen respecto pola seguridade da veciñanza nin das persoas que nos visitan. #Ortigueira #MereceMais #BNG #OrtigueiraMereceMais Instagram: https://www.instagram.com/p/DLIXlYztqJA/?igsh=bnZleHBrMnkybnhh Facebook: https://www.facebook.com/share/1Aig69FQ8b/

👍 1
BNG Ortigueira
BNG Ortigueira
6/17/2025, 7:19:42 PM

https://www.facebook.com/share/p/12Fr6NrQ5fS/

👍 1
BNG Ortigueira
BNG Ortigueira
5/28/2025, 6:01:52 PM

🔊 Desde o BNG de Ortigueira esiximos accións urxentes! O noso concello precisa unha intervención inmediata en materia de limpeza e mantemento. A situación actual en pistas, camiños e accesos a vivendas é preocupante: falta de visibilidade, invasión do carril de circulación e risco real de incendios. 🚧 Pedímoslle ao Goberno Municipal que actúe xa: 👉 Que se inicien os traballos de limpeza e conservación sen máis demoras. 👉 Que se garanta a seguridade das veciñas e veciños. 📍Levaremos este asunto ao vindeiro pleno municipal, para que quede constancia pública da nosa demanda. 💡 Ademais, volvemos propoñer a creación dun Plan de Conservación e Mantemento de Infraestruturas que evite chegar a esta situación. Instagram: https://www.instagram.com/reel/DKM7WiLiwQ8/?igsh=MWw1czVreWczems3OA== Facebook: https://www.facebook.com/share/r/19KUJGyrHK/

👏 1
BNG Ortigueira
BNG Ortigueira
5/23/2025, 2:41:04 PM

Animamos á veciñanza de Ortigueira a practicar unha nova política, fundamentada na participación cidadá. Entendemos que a democracia non se reduce simplemente a votar cada catro anos. Vai moito máis alá. E isto implica proporcionarlle á cidadanía as ferramentas e a oportunidade para que realmente participe na toma de decisións. De aí que teñamos o "buzón anónimo", onde poderedes deixar as vosas propostas, suxestións, rogos e preguntas que trasladaremos aos plenos municipais. As nosas portas están e estarán abertas para aquelas persoas que queiran contribuír a construír un futuro mellor para Ortigueira e para Galiza. 📬 https://ortigueira.bng.gal/blog/section/buzon-anonimo/

Link copied to clipboard!