
GCiencia
February 5, 2025 at 06:14 PM
*Cinco incógnitas sobre o buque refuxiado en Vigo*
O buque HC Eva Marie leva 10 días atracado no peirao Transversal do porto de Vigo. É dicir, en pleno centro da cidade. Recalou na madrugada do 26 de xaneiro tras sufrir danos en nove dos seus 96 contedores a causa do temporal Eowyn. Ondas de ata 10 metros provocaron un “corremento da carga” que obrigou a tripulación do buque con bandeira de Antigua y Barbuda a desviarse da súa ruta. Máis dunha semana despois segue sen trascender información oficial sobre a súa tonelaxe ou o tipo de material que transporta, máis alá de que é explosivo.
Contámoscho aquí 👉 https://lc.cx/wbMG5b
😮
2