
GCiencia
1.2K subscribers
About GCiencia
Medio de divulgación científica en lingua galega.
Similar Channels
Swipe to see more
Posts

*Cirurxía revolucionaria en Galicia!* O servizo de Uroloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo realiza unha cirurxía revolucionaria e pioneira no mundo. Logra extirpar un tumor de páncreas cunha soa incisión grazas á plataforma robótica Da Vinci Xi 👉 https://lc.cx/HZu16M

*Calor extremo* Galicia vivirá ata finais de século 88 vagas de calor, cada vez máis intensas, duradeiras e frecuentes. Uns eventos extremos que porán en xaque os ecosistemas e os medios de vida que dependen deles, como o marisqueo. Un estudo feito na Universidade de Vigo analizou que especies de bivalvos son máis vulnerábeis fronte a estes episodios 👉 https://shorturl.at/uHTIK

*A cidade coa maior taxa de mortalidade do país* As urbes galegas contan cunha esperanza de vida relativamente normal, dentro da media. Pero hai unha excepción. Ferrol ten unha das taxas de mortalidade máis altas de todo o país, e o seu descenso demográfico queda patente na perda de poboación: de máis de 80.000 habitantes, a menos de 65.000. O número de nacementos nos últimos anos non son capaces de facer fronte a esa tendencia, como amosa o noso mapa concello a concello👇🏼 https://shorturl.at/DrMNd

*Preocupante aumento da obesidade infantil* Os expertos están preocupados polo aumento da obesidade infantil en Galicia. Nos últimos oito anos, o incremento foi do 36,4%. É unha subida que lideran as rapazas: as súas taxas aumentaron nun 81,9%, e sitúanse agora na mesma liña ca os nenos. A experta en nutrición Ana Crujeiras defende a necesidade de promover unha dieta saudable, non consumir produtos ultraprocesados e realizar actividades físicas👉🏽 https://shorturl.at/r8eQi

*Os misterios da serra do Suído* Pezas con séculos de historia e vestixios do pastoreo tradicional. Unha nova campaña arqueolóxica do CSIC está a investigar antigas estruturas e pezas, como chozos de pedra utilizados polos gandeiros, datados de entre o século XVI e o XVIII. Estes traballos, aínda en fases iniciais, pretenden afondar nas orixes do pastoreo na serra do Suído e contribuír á defensa dun patrimonio cultural que segue sen ter a protección adecuada para un espazo arqueolóxico tan importante. Un lugar, ademais, cheo de lendas e outros misterios👉🏽 https://shorturl.at/LUdLF

*O asasino silenciso* O gas radon non afecta por igual a ambos sexos. Un novo estudo sobre este gas, segundo factor causante de cancro de pulmón despois do tabaquismo, sinala que os varóns teñen máis probabilidade de acabar padecendo un tumor en comparación cas mulleres 👉 https://shorturl.at/sZDP7

*Enfermidades transmitidas por carrachas* A enfermidade de Lyme rexistrou 464 casos en Galicia entre 2014 e 2021. É, sen dúbida, a doenza transmitida por carrachas con maior incidencia no país. Non obstante, non é a única. A febre hemorráxica de Crimea-Congo, a febre botonosa mediterránea, a anaplasmose e a encefalite son outras patoloxías que se poden contaxiar a través da picada destes arácnidos. Descúbreas todas 👉 https://lc.cx/c5Io-g

*A virxe como fonte científica* Pode unha procesión da virxe dicirnos se a Pontevedra do século XVIII viviu unha primavera seca ou de moita choiva? Si, porque a documentación eclesiástica é unha das fontes da que bebe a paleoclimatoloxía, a ciencia que estuda a historia climática. As rogativas católicas que pedían a intervención divina para que chovese ou deixase de facelo permiten os físicos achegarse ao que aconteceu nos ceos hai máis de 300 anos. 👉 https://shorturl.at/ihpfR

*Pena de morte* "Quérenme matar no mar". É a súplica de Didacus Roderici de Sillobre antes de ser axustizado en decembro de 1220. O seu destino será o fondo do mar metido dentro dun saco, unha pena recuperada no tardomedievo que provén da época romana. O historiador Abel de Lorenzo recuperou esta historia 👉 https://shorturl.at/0l6Cu

*A represión franquista nos psiquiátricos galegos* A historiadora Noelia Vázquez quitoulle o po a máis de 800 historias clínicas e rescatou do esquecemento os casos de represión franquista nos psiquiátricos galegos. O tema que centra a súa tese relata unha situación de morte, fame e precariedade asistencial. Moitos foron internados sen que tiveran ningunha enfermidade mental e permaneceron en observación durante meses por non responder ao comportamento socialmente esperable. Contámoscho aquí 👉 https://lc.cx/WiS2J9