GCiencia
GCiencia
February 28, 2025 at 08:50 AM
*Alexandra Peraut, única nena de España con proxeria* Esther Martínez é a nai de Alexandra, unha nena de oito anos con proxeria, unha enfermidade ultrarra que provoca avellentamento prematuro. A súa prevalencia é dun caso por cada 20 millóns de persoas. A esperanza media de vida é de 14,5 anos e non existe cura. Tan só un tratamento que alonga en ano e medio a vida dos pacientes pero que provoca moitos efectos secundarios. Este venres, Día Mundial das Enfermidades Raras, Esther e o seu marido Cedric, así como Alexandra, participan nunha xornada celebrada polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) para darlle visibilidade á proxeria. Falamos con eles 👉 https://lc.cx/OCoI05
❤️ 💪 😢 3

Comments