ANPA RASA
ANPA RASA
February 14, 2025 at 12:57 PM
👋🏻 Ola, familias: 🥳 Xa é *venres*! e seguramente todos e todas teremos xa preparados os mellores plans para iniciar a fin de semana, nos que seguro que practicar algún deporte ao aire libre entrará dentro deles 🏃 💪Seguro que moitas familias xa estades desexando que comece unha nova edición do *circuito Coruña Corre*. Pois xa queda menos! O vindeiro *15 de marzo* terá lugar a primeira carreira do circuito, a XIII Carreira Popular da Torre de Hércules. O *prazo de inscrición* para esta primeira carreira remata o *9 de marzo* 🗓️ 🏆 Como xa sabedes, o noso cole quedou *primeiro clasificado* na categoría colectiva de centros educativos, por terceiro ano consecutivo. Temos que ir a por outra! Para iso, as familias que queirades participar tedes que inscribir aos vosos pequenos e pequenas _runners_, na súa categoría correspondente, no *circuito completo*, indicando o *nome do colexio* 🏫 (independentemente das carreiras ás que logo poidades acudir) ℹ️ Máis *información* na seguinte ligazón: 🔗 https://bit.ly/coruna-corre-2025 ❓ Dúbidas? podedes contactarnos ao noso mail, teléfono ou WhatsApp 👕 E lembrade que podedes encargar a vosa *camiseta "O Ramón Corre"*

Comments