ANPA RASA WhatsApp Channel

ANPA RASA

127 subscribers

About ANPA RASA

Todas as novidades da Asociación de Nais e Pais do CEIP Ramón de la Sagra da Coruña

Similar Channels

Swipe to see more

Posts

ANPA RASA
ANPA RASA
6/3/2025, 3:25:49 PM

📢 *Última chamada para as familias usuarias dos servizos de:* 🍽️ Comedor ⏰ Madrugadores 🧩 Agarda con Nós 🙏 Cubride a *Enquisa de valoración de Servizos*, se ainda non o fixestes ❤️ https://bit.ly/enquisa-valoracion-servizos-24-25 📢 *Última chamada para as familias usuarias de Actividades Extraescolares:* 🚀 Ludiverso 🎶 Sonicreques 🏀 Deporte: Predeporte e Multideporte ☕ English Lab 🤖 Robótica 🛼 Prepatinaxe I ⛸️ Prepatinaxe II 🤲 Cubride a *Enquisa de valoración de Extraescolares*, se ainda non o fixestes ❤️ https://bit.ly/enquisa-valoracion-actividades-24-25 🔒 Pechada xa a Enquisa de *necesidades* de Extraescolares para o curso que ven 🏪 👍 *Grazas* pola participación 🤩

Post image
Image
ANPA RASA
ANPA RASA
6/19/2025, 4:08:08 PM

🏖️ *Ola familias!* 😎 Sabemos que estades *modo toalla...* 💚 Pero interrompémosvos un minutiño por *algo bonito de verdade* 📢 Non digades logo que non avisamos! 👉 Vai á nosa web e *bótalle unha ollada* ➡️ https://bit.ly/despedida-6P-2025 🎉 E si, *mañá hai festa no patio* e será festa rachada e todo iso, pero ás veces tamén hai que *emocionarse* un chisco! 🥹

👍 1
ANPA RASA
ANPA RASA
6/4/2025, 3:02:12 PM

🔊 *Convocatoria* ❗ ⚠️ *Asemblea Xeral Ordinaria Familias Socias ANPA* ⚠️ 🗓️ mércores *18 de xuño de 2025* ⏰ 16:00 en primeira convocatoria ⏰ 16:30 en segunda convocatoria 📍Na *biblioteca* 📝 Orde do día: 1️⃣ Lectura e aprobación, se procede, da *acta da asemblea anterior* 2️⃣ Exposición da *memoria anual de actividades* da asociación, realizadas no curso 2024-2025 3️⃣ Presentación do *estado das contas* da asociación e aprobación se procede 4️⃣ *Modificación e renovación* de membros da Xunta Directiva segundo os estatutos da ANPA. Prazo de presentación de candidaturas ata o venres 13 de xuño ás 14:00 h 5️⃣ Información *grupos colaboradores e comisións de traballo* 6️⃣ *Rogos* e *preguntas* ⚠️ Enviade as vosas propostas ou suxestións ao mail da ANPA e serán engadidas e tratadas no punto 6 da presente orde do día (antes do xoves 12 de xuño ás 14:00 h.) 🙌 Dada a importancia dos temas a tratar, *esperamos contar coa vosa presenza* 🦘 Contaremos con *servizo de conciliación* para as nenas e nenos que o precisen

Post image
Image
ANPA RASA
ANPA RASA
6/18/2025, 9:03:33 AM

📚☀️ *Lecturas* anticipadas para *familias socias* antes de dicir *"bo verán"*! O curso está a piques de rematar, o verán xa chama á porta (e parece que vén con forza 🥵)… e hoxe temos *asemblea*! Aproveitamos para lembrarvos que na nosa web hai unha *sección de documentación* que, se ben non vai gañar o Premio Planeta, contén obras mestras como: 📊 Tesourería ➡️ *Contas claras*, e non coma os recibos da luz 📝 Actas asembleas ➡️ *Actas* sen suspense, pero coa historia do que fomos decidindo entre todas 📂 Memorias de actividades ➡️ *Memorias* que recollen todo o que imos conseguindo neste camiño 🎥 Outros documentos ➡️ *Outra documentación* con algún testimonio gráfico de eventos sinalados Non hai que lelas á beira das ondas (aínda que tampouco sería mala idea…), pero si que merecen unha ollada para entender todo o traballo feito e o que queda por facer. 📎 *Podedes acceder aquí* ➡️ https://bit.ly/anpadocs E por suposto… *vémonos na asemblea* desta tarde! Hai temas interesantes… e igual algún _spoiler_ do que se vén... 👀

ANPA RASA
ANPA RASA
6/9/2025, 9:37:55 AM

👋 Bo día, familias! 📣 Comeza unha semana cargadiña de eventos e neste *remate de curso* xa imos seguir así ata o final, polo que vos queremos axudar á *organización* nestes días 🗓️ Publicamos unha nova cun *calendario de eventos* para as vindeiras semanas, con todas as datas relevantes que non vos podedes perder ℹ️ Toda a *información* en detalle na nosa web 👇 🔗 https://bit.ly/info-peche-curso-24-25

Post image
👍 🙏 2
Image
ANPA RASA
ANPA RASA
5/29/2025, 8:43:56 AM

📌 Ola familias: 🕵️‍♂️ Nestes días de misterio, os *libros* non son ningún segredo 🤫 🦉 Lembramos na seguinte ligazón a información xa publicada e compartida polo centro sobre a convocatoria do *fondo solidario de libros de texto* (para alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria), das axudas para adquirir libros de texto (para alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria) e para adquirir material escolar (alumnado matriculado en Primaria) para o curso escolar 2025-2026. 👉 https://bit.ly/fondolibros-25-26 ⏳ O prazo remata o *20 de xuño*

ANPA RASA
ANPA RASA
2/19/2025, 10:45:29 AM

👋🏻 Bo día, familias: 🗓️ Xa case botamos fóra a metade da semana 💪 📡 Simplemente queremos compartir unha *nova* publicada que resume todas as *canles de comunicación coa ANPA* que podedes empregar para *estar sempre ao día* 👇 🔗 *https://bit.ly/comunicacion-anpa*

👍 1
ANPA RASA
ANPA RASA
2/16/2025, 7:32:32 PM

👋🏻 Ola, familias: 📣 Aviso importante‼️ 🪪 Ao longo destes últimos días (do 13 ao 16 de febreiro), foron enviados aos vosos enderezos electrónicos os *carnés* de familia socia da ANPA deste curso 2024-2025 📥 Revisade a vosa *bandexa de entrada* 🗑️ Revisade tamén a bandexa de *spam* ou correo non desexado 🤔 Se non o atopades, *preguntade*. Pode ser que se vos pasara facervos socios este ano 😉 ⌛ Non vos preocupedes, *ainda estades a tempo* de facelo 😲 O carné vaivos facer falla moi pronto 🥸

👍 1
Image
ANPA RASA
ANPA RASA
2/26/2025, 11:25:40 AM

🎭🌞 A *festa de Entroido* organizada pola ANPA xa ten a data confirmada! 👋 Prezadas familias, anunciamos oficialmente que este *venres 28 de febreiro* celebraremos a festa de Entroido, agora que o bo tempo está asegurado! 🎉 📍 Información sobre accesos e acreditacións na seguinte ligazón 👇 🔗 https://bit.ly/confirmacion-data-entroido-25 👏 Grazas pola vosa colaboración!

ANPA RASA
ANPA RASA
2/14/2025, 12:57:37 PM

👋🏻 Ola, familias: 🥳 Xa é *venres*! e seguramente todos e todas teremos xa preparados os mellores plans para iniciar a fin de semana, nos que seguro que practicar algún deporte ao aire libre entrará dentro deles 🏃 💪Seguro que moitas familias xa estades desexando que comece unha nova edición do *circuito Coruña Corre*. Pois xa queda menos! O vindeiro *15 de marzo* terá lugar a primeira carreira do circuito, a XIII Carreira Popular da Torre de Hércules. O *prazo de inscrición* para esta primeira carreira remata o *9 de marzo* 🗓️ 🏆 Como xa sabedes, o noso cole quedou *primeiro clasificado* na categoría colectiva de centros educativos, por terceiro ano consecutivo. Temos que ir a por outra! Para iso, as familias que queirades participar tedes que inscribir aos vosos pequenos e pequenas _runners_, na súa categoría correspondente, no *circuito completo*, indicando o *nome do colexio* 🏫 (independentemente das carreiras ás que logo poidades acudir) ℹ️ Máis *información* na seguinte ligazón: 🔗 https://bit.ly/coruna-corre-2025 ❓ Dúbidas? podedes contactarnos ao noso mail, teléfono ou WhatsApp 👕 E lembrade que podedes encargar a vosa *camiseta "O Ramón Corre"*

Link copied to clipboard!