ANPA RASA
February 18, 2025 at 01:37 PM
👋🏻 Ola, familias 📣📣📣📣📣📣📣📣📣
🥸 Xa se achega o *Entroido*, e veñen días nos que andaremos alternando entre cocidos e filloas, xoves de comadres, Cigarróns por Verín, Peliqueiros por Laza, os Choqueiros pola Torre e os festexos en moitos barrios 🥳
🏫 Dende logo que non faltará o grande *desfile de disfraces do Ramón*, que organiza o equipo docente do cole e ao que nos animan a participar. Seguro que xa estades preparando en familia estes días os traxes máis *creativos*, entre Yayoi Kusama, os pintores e os cadros, ou as pezas de Lego 👨🎨 🎨 🖌️🖼️🧩🧱 👩🦰🪷🌹
📣 E chega tamén a *festa de Entroido que organizamos dende a ANPA*. Compartimos hoxe a nova con toda a información sobre a mesma. Reservade as posibles datas e agardemos que a meteoroloxía acompañe. Lembrade que, como xa ven sendo tradicional no noso centro, as nenas e nenos de *6º de primaria* venderán exquisitas merendas variadas, para axudarlles entre todos e todas a cubrir o gasto da *excursión de fin de curso* 🚌🎢
ℹ️ Lede con atención toda a *información na seguinte ligazón* Atención á data, venda de entradas e horarios. As familias socias non precisan mercar entrada ‼️👇
➡️ *https://bit.ly/festa-entroido-25*
❤️
👍
2