
CIG-Autonómica
February 3, 2025 at 01:09 PM
_CIG-Autonómica_
*Concurso específico, destrución de postos en Educación… e moitas PREGUNTAS SEN RESPOSTA (31/01/25)*
https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7247
Asistimos a dúas mesas de negociación nas que se trataron os seguintes asuntos:
✔️ modelo de concurso específico,
✔️ RPT de Educación
✔️ RPT por sentenza xudicial.
Na rolda aberta de intervencións fixemos moitas preguntas sobre:
✔️ concursos de traslados,
✔️ procesos selectivos,
✔️ carreira profesional,
✔️ e moito máis.
Porén, a directora xeral de Emprego Público, para variar, responde co que xa sabemos: se preguntamos cando van rematar un proceso, di que agora está en baremo provisional e despois virá o definitivo... Vaia novidade! Para iso non fai falla que diga nada!!! E así con todo…, non se sae de que están «analizando» e «valorando», e a previsión para todo é «proximamente».