
CIG-Autonómica
1.5K subscribers
About CIG-Autonómica
🌐 Todo en https://autonomica.cigadmon.gal 📢 Contactar e recibir información por correo escribe a [email protected] 📢 Canle Telegram https://t.me/cigautonomica - @CIGAutonomica 📢 Canle WhatsApp https://i.gal/wasapcigaut
Similar Channels
Swipe to see more
Posts

_CIG-Autonómica_ *Relación definitiva de admitidas ao concurso de traslados de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias* No DOG do 21/05/2025 publican a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, arquitectos, arquitectos técnicos e ciencias. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7611

_CIG-Autonómica_ *Trincando no público: non hai dúas sen tres* A Xunta volve sacar a concurso para as empresas privadas a xestión dos servizos públicos e licita os servizos de atención de outra máis das residencias de maiores das sete doadas pola Fundación Amancio Ortega. A licitación para a residencia de maiores da Coruña, de 150 prazas, ten unha duración inicial do contrato de dous anos e é prorrogable até cinco. O orzamento é de 7,9 millóns de euros e o valor total do contrato, coas posibles (probables) prórrogas, é de 23 millóns de euros. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7606

_CIG-Autonómica_ *Concurso de traslados de Gardacostas: relación definitiva de persoas admitidas e puntuacións provisionais* No DOG do23/05/2025 publican as resolucións: 1) pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, e 2) pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7621

_CIG-Autonómica_ *Concurso de traslados de persoal dos institutos marítimo-pesqueiros: relación provisional de admitidas* No DOG do 23/05/2025 publican a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7620

*A CIG concéntrase ante a EGAP para pedir a demisión da actual directora* A CIG convocou unha mobilización co lema, «POR UNHA EGAP TRANSPARENTE E EN GALEGO», e fíxoo ás portas da conmemoración do Día das Letras Galegas de 2025, pola situación de secuestro da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e da deriva antigalega, autoritaria, antidemocrática, elitista e partidista, á que está sometida a institución da man da súa directora. Esta directora, dende que entrou, está a corromper a EGAP cunha xestión opaca e clientelar na selección do persoal formador. Unha EGAP onde a demanda de formación das empregadas e empregados públicos é directamente ignorada, con ofertas raquíticas e que non se axustan ás necesidades reais dos empregos na Administración. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7597


_CIG-Autonómica_ *Grito de alerta da CIG: as persoas maiores de Taboadela sofren coa “ Política de Recortes” da Xunta de Galiza nas residencias públicas* Segundo as queixas do persoal traballador do centro, o persoal xerocultor/a encargado/a da queda de noite non pode facer fronte dos/as grandes dependentes “é imposible realizar cambios posturais necesarios”, o que provoca dores e mal estar nos/as persoas residentes. Tampouco se lles pode cambiar os cueiros coa frecuencia requirida debido á falla de mans, “movémolos como podemos”. O Xerente do Consorcio é máis que coñecedor desta problemática. Esta situación non é froito da casualidade senón da política de recortes e desinvestimento do público que está aplicando a Xunta de Galiza, mentres presumen da apertura de novos centros de xestión privada, permite que os centros públicos esmorezan. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7625

_CIG-Autonómica_ *Convocatoria de actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galiza* No DOG do 26/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025 pola que se convocan actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP) para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG). https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7626

_CIG-Autonómica_ *No web de CIG-Autonómica* https://autonomica.cigadmon.gal 👉Oposicións subinspección urbanística: resultados do primeiro exercicio 👉Oposicións escala superior de finanzas: data, hora e lugar do segundo exercicio 👉Oposicións orientación laboral (subgrupos A1 e A2): ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio 👉Oposicións bens artísticos e arqueolóxicos e subgrupo A2: nomeamento como persoal funcionario de carreira 👉Oposicións educación social: non modifican os resultados do primeiro exercicio 👉Oposicións inspección turística: exención do terceiro exercicio e remate da fase de oposición

_CIG-Autonómica_ *Proposta de revisión do acordo de veterinarios/as de Sanidade (16/05/25)* O pasado venres día 16 de maio tivemos a segunda xuntanza con Sanidade para a negociación da addenda do anexo I do acordo de persoal veterinario saúde pública. As catro organizacións asinantes do acordo, CIG, CC.OO, CSIF e UGT, acordamos instar á retirada da addenda, a convocatoria inmediata do concurso de traslados, e a calendarización da renegociación do acordo. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7602

_CIG-Autonómica_ *No web de CIG-Autonómica* https://autonomica.cigadmon.gal 👉Modificación da RPT da Consellaría de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde 👉Data, hora e lugar do primeiro exercicio de varias oposición 👉Convocatoria de oposición de patrón e mecánica do Servizo de Gardacostas de Galiza 👉Concurso de traslados de persoal dos institutos marítimo-pesqueiros: relación provisional de admitidas 👉Retegal, S.A.: promoción interna do posto de coordinadora de atención e xestión da rede 👉Oposicións subgrupo C2 e limpeza e cociña (discapacidade intelectual): listaxes definitivas de admitidas 👉Oposicións escala superior de finanzas: modificación da composición do tribunal 👉Oposicións escala técnica de finanzas: data, hora e lugar do segundo exercicio 👉Corporación Radio e Televisión de Galiza, S.A.: corrección de erros da oferta de emprego público do 2024 👉Valedora do Pobo: resolución do concurso para a adcrición dun posto de auxliar administrativo 👉Oposicións medicina: data, hora e lugar do segundo exercicio 👉Oposicións arquivos e bibliotecas: resultados do segundo exercicio 👉Oposicións medicina, subinspección urbanística e técnica de finanzas: ampliación do prazo do segundo exercicio 👉Modificacións das composicións de varios tribunais do servizo de defensa contra incendios forestais 👉Concurso-oposición de estabilización da Lei 20/2021 de persoal de limpeza e cociña: baremación definitiva 👉Promoción do persoal laboral fixo aos subgrupos A2, B, C1 e C2: listaxes definitivas de admitidas 👉Modificación da RPT da Administración xeral e da Administración especial 👉Oposicións promoción interna tecnoloxía da información e xestión sistemas informática: data, hora e lugar exercicio 👉Modificación da RPT da Presidencia da Xunta de Galiza 👉Oposicións educación social: data, hora e lugar do segundo exercicio 👉Oposicións persoal de servizos xerais (PSX): resultados do primeiro exercicio 👉Convocatoria para elección de destino definitivo de axentes de inspección consumo e inspección de consumo 👉Concurso de estabilización da Lei 20/2021 de axentes Gardacostas: baremación provisional complementaria