
CIG-Autonómica
February 8, 2025 at 10:49 PM
_CIG-Autonómica_
*A Xunta pretende culpabilizar ás empregadas públicas dos atrasos da Dependencia*
Os atrasos na tramitación da dependencia e da discapacidade, tanto no proceso de tramitación, concesión de prestacións etc, teñen unha duración superior a un ano. Durante moitos anos dende a CIG levamos insistindo na creación de novos equipos e na dotación de prazas para que a cidadanía poda acceder nun prazo razoábel aos servizos que se prestan. A Xunta non só se inhibe senón que tenta poñer na diana ao seu propio persoal cunha novidade: achaca o problema á neglixencia das persoas empregadas públicas e non á súa desidia. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7259