
CIG-Autonómica
February 8, 2025 at 10:50 PM
_CIG-Autonómica_
*Campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2025 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galiza*
No DOG do 04/02/2025 dan publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2025 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galiza. É aplicable a todos/as os/as traballadores/as da Administración xeral da Xunta de Galiza, agás o persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellaría de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7256