
CIG-Autonómica
February 8, 2025 at 10:54 PM
_CIG-Autonómica_
*Comisión de Persoal do 06 de febreiro de 2025*
Resumo da Comisión de Persoal na que se tratou:
👉 modificación da convocatoria de funcionarización das categorías IV-004 e III-9;
👉 RPT de educación, na que amortizan 28 postos de atención directa en centros, para crear 12 postos de niveis en servizos centrais;
👉 modificación da RPT de varios postos por sentenzas
👉 na rolda aberta de intervencións os sindicatos sacamos varios temas: previsións dos concursos de traslados, dos procesos selectivos, carreira profesional, persoal investigador, trienios do persoal laboral funcionarizado, e do persoal do laboratorio de Lugo. De todos estes temas, como xa é costume, a directora xeral de Emprego Público respostou o de sempre: analizando, cando chegue veremos, non coñece a situación e investigará, etc. Saímos como entramos.
https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7269
😭
🤥
🤦♂️
3