
CIG-Autonómica
February 21, 2025 at 01:38 PM
_CIG-Autonómica_
*A directora da EGAP di que non suprimiu os actos conmemorativos oficiais do Día das Letras Galegas 2024 porque enviou un vídeo por email*
A xuntanza complementaria (06/02/25) ao consello reitor de 26 de decembro de 2024 trouxo cola e temos que ir por capítulos. Dado que a dinámica habitual da dirección da EGAP é dar a calada por resposta, por parte da CIG reiterámonos en todos os asuntos expostos no consello reitor, entre os que está a supresión dos actos conmemorativos oficiais do Día das Letras Galegas de 2024, que se viñeron celebrando ininterrompidamente dende hai 38 anos. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7297
🤮
1