
CIG-Autonómica
February 21, 2025 at 01:41 PM
_CIG-Autonómica_
*Carreira profesional de 2019: "non rectifico pero sigo enleando..."*
Hai pouco tempo, algún sindicato (mesmo algún dos que que asinou e nos deixou fóra do acordo) aconsellou solicitar a carreira de 2019 a quen non a demandara en prazo. Seis anos despois fan como se non foran con eles os acordos que asinan e chaman ao persoal a demandar contra os seus propios acordos, cando xa están demandados e gañados pola CIG. A CIG avisou ao persoal de que, se solicitaron esta carreira agora, non teñen problema ningún, pero para facer efectivo o dereito á carreira ao persoal excluído no 2019, vai depender da resolución que dite o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) sobre a demanda de execución forzosa presentada pola CIG en relación á SENTENZA QUE GAÑAMOS. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7312
👍
1