CIG-Autonómica
February 21, 2025 at 01:43 PM
_CIG-Autonómica_
*Quen vai a facer a comida nos comedores escolares?*
A CIG ven de solicitar unha xuntanza coa Consellería de Educación para que dea solución á falta de esixencia de formación en cociña para a elaboración da comida nos centros escolares públicos. Ata o de agora ao persoal de cociña, nomeadamente "persoal oficial 2ª de cociña" que é o que atende maioritariamente aos comedores escolares, a Xunta esixíalle a titulación de Técnico de Cociña ou Técnico Superior de Restauración polo que a formación en elaboración, en manipulación de alimentos, en dietas específicas, en prevención de riscos nas cociñas, en control dos APPCC, en normativa sanitaria, ...etc que está cuberto coa preparación académica da que dispoñían. Por mor da funcionarización deste persoal, a Xunta situou este persoal nunha nova escala denominada “Auxiliar de Cociña do Subgrupo C2" na que non require titulación específica ningunha máis que Graduado en ESO. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7313
❤️
🫣
3