
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
February 23, 2025 at 10:54 AM
UNHA LINGUA
Polo dereito a falar con voz propia. Porque sabemos que existe un nós –os oprimidos, as que cargan sobre as súas costas o peso do traballo–, e un eles –os opresores, os que viven da nosa miseria e da destrucción da Terra–. Porque queremos que os nosos netos entendan a lingua na que escoitamos cantar ás nosas avoas. Por todo isto militamos na lingua galega e comprendemos que a súa defensa é a defensa dos nosos intereses e dos nosos dereitos irrenunciables.
Consideramos que a língua é o símbolo rotundo da nosa identidade e a ferramenta da nosa emancipación: o galego é motor para creación intelectual, artística e científica de noso; un agasallo para tódolos obreiros do mundo que teñen a oportunidade de escoitarnos e interese en compartir o que temos que ofrecer como pobo; un vencello que nos une como pobo e un himno da vitoria do traballo fronte a tiranía do capital. [...]
Continúa lendo nas nosas redes:
*FB*: https://lc.cx/yBePPx
*IG*: https://lc.cx/1wAd0j
*X*: https://lc.cx/eCqgSN
❤️
5