PCRG - Partido Comunista pola República Galega WhatsApp Channel

PCRG - Partido Comunista pola República Galega

89 subscribers

About PCRG - Partido Comunista pola República Galega

Canle oficial do Partido Comunista pola República Galega *linktr.ee/pcrg_gal*

Similar Channels

Swipe to see more

Posts

PCRG - Partido Comunista pola República Galega
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
5/17/2025, 10:47:56 AM

O galego é xa, en Galicia, a segunda lingua por detrás do castelán. As figuras máis destacadas da literatura galega (e do resto das artes) ven como unha meta inalcanzable o poder vivir da súa profesión e deben compaxinala cun segundo oficio a través do cal obter os ingresos necesarios para vivir. A Televisión de Galicia, que debera ser un dos instrumentos fundamentais de promoción e (é) protección do galego (foino nalgún momento, abofé), atópase nunha situación lamentable caracterizada pola precariedade dos traballadores e traballadoras e pola escasa calidade dos contidos. Tamén se caracteriza por admitir publicidade en castelán en detrimento da dobraxe en galego, por exemplo. A creación artística en eidos coma o teatro depende, para ser rendible, de subvencións que, en moitas ocasións, condicionan o discurso da obra.[...] Segue lendo nas nosas redes: *FB*: https://goo.su/qAae9 *IG*: https://goo.su/AOJLUNe *X*: https://goo.su/GtytD6

Post image
2
Image
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
6/12/2025, 1:13:07 PM

O ensino público é o único que garante a igualdade de oportunidades de todo o estudantado. Unha base fundamental para traballarmos pola sociedade do futuro. O ensino público é a base para o fomento da nosa lingua nacional. Un lugar para traballar valores democráticos, a defensa da muller traballadora, a pluralidade de ideas, a diversidade sexual. O ensino público non é un negocio. Non se paga por pór boas notas coma na privada ou na concertada, non se mira a renda e a orixe social ou racial de ninguén. O ensino público é un servizo. Non é exclusivo, porque non se exclúe; non é privado porque non se priva a ninguén do seu dereito á educación por ser de clase humilde, muller, migrante, etc. [...] Continúa lendo nas nosas redes: *FB*: https://goo.su/kUDpOgA *IG*: https://goo.su/Eoq8FT *X*: https://goo.su/N3UQoCy

Post image
🔥 1
Image
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
6/12/2025, 8:35:21 PM

📚 Coloquio: Reboiras e a memoria da resistencia antifascista 📍 Salón de Plenos do Concello de Cangas (Avda. de Castelao, 2) 🗓 Venres 13 de xuño 🕗 20:00 h Con Xurxo Martínez González e Xosé Manuel Pereiro. Organiza: Ateneo Areas Gordas de Cangas.

Post image
Image
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
2/22/2025, 7:09:39 PM

✊🏼Queremos convidarvos á manifestación pola nosa língua 🗓Domingo 23 de febreiro 🕗Ás 12.00 📍Alameda de Compostela _ *FB*: https://lc.cx/_965aW *IG*: https://lc.cx/a-xBIj *X*: https://lc.cx/J78C4i

❤️ 2
Image
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
2/23/2025, 10:54:21 AM

UNHA LINGUA Polo dereito a falar con voz propia. Porque sabemos que existe un nós –os oprimidos, as que cargan sobre as súas costas o peso do traballo–, e un eles –os opresores, os que viven da nosa miseria e da destrucción da Terra–. Porque queremos que os nosos netos entendan a lingua na que escoitamos cantar ás nosas avoas. Por todo isto militamos na lingua galega e comprendemos que a súa defensa é a defensa dos nosos intereses e dos nosos dereitos irrenunciables. Consideramos que a língua é o símbolo rotundo da nosa identidade e a ferramenta da nosa emancipación: o galego é motor para creación intelectual, artística e científica de noso; un agasallo para tódolos obreiros do mundo que teñen a oportunidade de escoitarnos e interese en compartir o que temos que ofrecer como pobo; un vencello que nos une como pobo e un himno da vitoria do traballo fronte a tiranía do capital. [...] Continúa lendo nas nosas redes: *FB*: https://lc.cx/yBePPx *IG*: https://lc.cx/1wAd0j *X*: https://lc.cx/eCqgSN

❤️ 5
Image
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
2/6/2025, 5:25:34 PM

✊Xa está dispoñible o Faísca do mes de Xaneiro! Subscríbete a Faísca, o xornal político do PCRG! Por só 5 € ao mes recibe o número mensual de Faísca e a entrega semestral de Embate, revista do comunismo galego. Contacta connosco para facer oficial a túa subscrición a través do correo [email protected] indicando: ● Nome e apelidos ● Enderezo postal Fai efectiva a túa subscrición: Envía os teus pagos á nosa conta bancaria co seguinte detalle: ● Titular: Partido Comunista pola República Galega ● IBAN: ES87 3070 0045 1763 9502 1725 ● CONCEPTO: Nome - Faísca Subscríbete hoxe e forma parte da rede revolucionaria que está a construír a alternativa da nosa clase, ao cerebro colectivo da vangarda proletaria, ferreiros dun mundo mellor. Marchamos até a vitoria!

❤️ 1
Image
Link copied to clipboard!