Concello de Marín
Concello de Marín
February 24, 2025 at 06:10 PM
#axenda 🗓️ Esta semana ven cargadiña de cousas para desfrutar en Marín, coa vista posta no arranque do Entroido pero tamén con moitas máis actividades! 📸 *Exposición fotográfica de Entroido do Ateneo Santa Cecilia* - Desde *hoxe* e ata o 14 de marzo - Horario: de luns a venres, de 18.00 a 20.30 horas - Local do Ateneo 🚵🏻‍♀️ *Saída da 2º Etapa da Volta O Gran Camiño* - *Xoves 27* - Horario: apertura das portas ás 12.00h, saída ás 13.30h - Escola Naval Militar ℹ️ *Reunión informativa da nova convocatoria de axudas do GALP Ría de Pontevedra* - *Xoves 27* - Horario: 19.00h - Espazo Emprendedor do Parque Azul de Cantodarea 📚 *Presentación do novo libro de Elena Gallego Abad "Ata que a morte nos separe"* - *Xoves 27* - Horario: 20.00h - Museo Municipal Manuel Torres 🛫 *Campaña informativa do programa RETORNADOS da Xunta de Galicia* - *Venres 28* - Horario: 09.00 - 14.00h - Alameda Rosalía de Castro 🟣 *Xornada de creación artística "Mulleres, inspiradoras de arte", dentro da programación do 8 de Marzo, organizada por Opromar, coa ilustrador Eva Casais como madriña do certame* - *Venres 28* - Horario: 12.00h - Alameda de Rosalía de Castro 🎭 *Entroido Solidario polo Día das Enfermidades Raras, organizado pola Asociación No Estamos Solos, con Os Saljariteir@s, El Gaiteiro Moderno e o DJ Peke/Muziek, ademias de xogos e sorteos. Entrada benéfica: 1€* - *Venres 28* - Horario: 17.00 - 20.00h - Multiusos da Praza de Abastos 🎙️*Oitava edición Cantos no Entroido, con Sons do Peto (Campolameiro) e Saljariteiros* - *Venres 28* - Horario: 20.00h - Bares e Rúas de Marín (Construmar, Freixo, La Huerta de la Abuela, A Mouta) 🗣️ *Conferencia sobre os Entroidos do Morrazo, con Manuel Dopazo e Queta Molas* - *Venres 28* - Horario: 20.30h - Local do Ateneo Santa Cecilia 📚 *Presentación do novo libro de Arantza Portabales "Asesinato en la casa rosa"* - *Sábado 1* - Horario: 12.00h - Museo Municipal Manuel Torres 🎭 *Desfile Infantil de Entroido e Festa Infantil* - *Sábado 1* - Horario: ás 16.00h inscricións no Palco da Música e ás 16.00h inicio do desfile | De 17.00 a 19.00h, festa infantil no Eguren (ou Pavillón IES Illa de Tambo) - Alameda, Real, Praza do Reloxo, Sol, Concep. Arenal, Ez. Massoni e Parque Eguren 🎭 *Gran Desfile de Entroido* - *Domingo 2* - Horario: 16.00h concentración de participantes e inicio do desfile ás 17.00h - Praza do Regueiro, Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concep. Arenal, coa entrega de premios no Parque Eguren

Comments